Blog do Ámbito lingüístico e social do IES Val do Tea (Ponteareas)
Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.
Friday, 16 March 2012
A pintura no século XIX. Jean Désiré Gustave Courbet
Jean Désiré Gustave Courbet, nado o 10 de xuño de 1819 e finado o 31 de decembro de 1877, foi un pintor francés.
Courbetfoi o principal creador do realismo, realizou as súas primeiras creacións en 1848. Ideoloxicamente republicano e socialista a súa participación na Comuna de París en 1871 levaríao ó cárcere e despois ó exilio. A súa pintura diríxese ó pobo, ó proletariado campesiño e obreiro, que é á vez o seu modelo. A súa pintura ademais do realismo caracterízase polas formas poderosas, a composición compacta, cromatismo austero, efectos sobrios do clarescuro, técnica densa e pastosa. Trasladouse a París en 1839 coa intención de estudar dereito, pero axiña se dedicou á pintura. As súas primeiras obras teñen un carácter romántico, como Guitarrero (1845) ou L’homme à la pipe (O home da pipa, 1846).Escolle temas e personaxes da realidade cotiá, sen caer no "pintoresquismo". A súa técnica é rigorosa co pincel, co pincel plano e coa espátula. Como os mestres antigos, Gustavo Courbet untaba a súa tea dun fondo sombrío e case negro, a partir do cal subía cara á claridade.
A imaxe foi sacada de: ricci-arte.com A información foi sacada de xunta.egu.es e wikipedia.
No comments:
Post a Comment