Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Monday, 28 May 2012

Antoni Gaudí Cornet.A Casa Milà

Antoni Gaudí Cornet, nado en Reus ou en Riudoms (Cataluña) o 25 de xuño de 1852 e finado en Barcelona, o 10 de xuño de 1926, foi un arquitecto catalán. Pódese dicir que foi un dos máis importantes e orixinais arquitectos da historia. O seu estilo, moi complexo de clasificar, pódese definir como unha mestura entre o Art Nouveau (modernismo) e o Neogótico, aínda que elementos cubistas e surrealistas en xeral atópanse nalgunhas das súas obras. Católico confeso, moi reservado e profundamente catalanista, morreu despois de ser atropelado por un tranvía na cidade de Barcelona, lugar onde se atopaba a traballar na súa derradeira obra, o Templo expiatorio da Sagrada Familia.


A CASA MILÁ


A Casa Milà, tamén coñecida como "La Pedrera", é un edificio modernista que se localiza no Paseo de Gracia de Barcelona, na esquina coa rúa de Provenza. Foi deseñada por Antoni Gaudí por encarga do comerciante Pere Milà i Camps, e foi construída entre os anos 1906 e 1910; foi moi polémica no seu momento, por mor das atrevidas formas onduladas da fachada de pedra e os ferros forxados retorcidos que decoran as balconadas e xanelas, deseñados en gran parte por Josep Maria Jujol, quen tamén proxectou algúns dos ceos rasos de xeso. No ano 1984 foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Actualmente é a sede da Fundación Caixa Cataluña, a cal xestiona as diversas exposicións e actividades que se fan no seu interior.


No seguinte video pódedes ver unha representación virtual da Casa Milá:



1 comment:

  1. Fáltache citar as fontes de información e darlle forma ao texto, suprimindo cores e subliñados e quitando ligazóns que non pretendiches incluír. Ademais, onde está o famoso vídeo?

    ReplyDelete