 |
autorretrato de
David
|
Jacques-Louis David
Jacques-Louis David foi un pintor francés de bastante influencia no estilo neoclásico. Buscou a inspiración nos modelos escultóricos e mitolóxicos gregos, baseándose na austeridade e severidade, algo que cadraba co clima moral dos últimos anos do antigo réxime.
Máis adiante David chegou a ser un activo participante na Revolución Francesa así coma amigo de Maximilien Robespierre; en realidade foi o líder das artes baixo a República Francesa. Pechado no cárcere trala caída do poder de Robespierre, máis tarde aliñouse co advenimento doutro réxime político, o de Napoleón Bonaparte. Foi nesta época cando desenvolveu o seu
Estilo Imperio, notable polo uso de cores cálidas ó estilo Veneciano. Entre os seus numerosos alumnos cabe destacar a Antoine-Jean Gros, Anne-Louis Girodet de Roucy-Triosson e o máis coñecido de todos: Jean Auguste Dominique Ingres. Isto fíxolle ser o pintor máis influente do arte Francés doséculo XIX, especialmente nas pinturas académicas.
A continuación podedes ver algúns dos seus cadros mais coñecidos:
 |
Coronación de Napoleón |
 |
Napoleón |
 |
Marat asesinado |
No comments:
Post a Comment