Biografía
Caspar David Friedrich (Greifswald, 5 de setembro de 1774 - Dresde, 7 de maio de 1840) foi o principal representante da pintura romántica alemá, xunto a Philipp Otto Runge, sendo a máis destacada no ámbito do paisaxismo.
Como é característico da pintura romántica, Friedrich pintou sobre todo óleos sobre lenzo. Nalgunha ocasión utilizou o formato do retablo e empregou o ouro, ao xeito dos artistas medievais.
Obras
Friedrich tamén fixo bosquexos de monumentos e esculturas para mausoleos, reflexo da súa obsesión coa morte e a vida despois desta.
Pintou tamén cadros transparentes, isto é, cadros sobre papel transparente que se iluminaban nun salón escuro con acompañamento de música, reputándo se así unha obra de arte global. Os catro que realizou entre 1830 e 1835 para o príncipe herdeiro Alejandro de Rusia perdéronse; pero na Gemäldegalerie de Kassel consérvanse dous cadros pintados en papel transparente por ambas as dúas caras, de maneira que segundo como se iluminasen un é unha escena diúrna e outra nocturna. Considérase que forman parte da prehistoria de espectáculos modernos como o cine.
Fotos é informacion sacados da wikipedia.
Atoparas mais informacion aqui
No comments:
Post a Comment