John Constable naceu o 11 de xuño de 1776 e morreu o 31 de marzo de 1837 foi un pintor inglés de paisaxes. A rexión de Suffolk foi o tema preferido das súas paisaxes, ata o punto de que a área do Val de Dedham, en Suffolk, se coñece como «o país de Constable».
Ingresou nas Royal Academy Schools en 1799, onde expuxo por primeira vez en 1802. Especializado na pintura de paisaxes, traballaba ó aire libre, tomaba apuntamentos ó óleo e despois pintaba no estudo o lenzo definitivo. A súa técnica influíu nos membros da escola de Barbizon e os impresionistas considerárono como o seu precursor. Cultivou tamén, en menor medida, a pintura relixiosa, o retrato e a acuarela. A súa obra máis famosa foi El carro de heno.
Era o segundo fillo varón de Golding e Ann Constable. Golding era un rico muiñeiro e un membro moi relevante na súa comunidade. John asistiu a algunhas clases, aínda que basicamente foi autodidacto.
Centrouse en seguir os pasos do pai, e ao rematar no colexio comezou a traballar no negocio familiar, do que se faría cargo finalmente o irmán pequeno.
En 1795, John Constable chegou a Londres para traballar como debuxante topográfico.
Entre os autores que máis o inspiraron durante este primeiro período, están: Thomas Gainsborough, Joshua Reynolds, Claudio de Lorena, Peter Paul Rubens, Annibale Carracci e Jacob Ruysdael. En 1802, expón por primeira vez na Real Academia. A partir de entón expoñería con regularidade, progresando con certa lentitude.
A partir de 1825, prodúcese un punto de inflexión na súa obra e paulatinamente vaise vendo nela un naturalismo máis sombrío e melancólico, de morriña, onde as paisaxes se cargan máis de sentimento. O naturalismo dos seus primeiros anos dá paso a un expresionismo e subxectividade maiores. Isto verase aínda máis acusado tras a morte se a súa muller, María, en 1828.Su técnica resulta renovadora: pequenas manchas e trazos superpostos. Aplica unha pasta espesa, ás veces con espátula, o que o afasta da limpeza e luminosidade doutros artistas británicos da época, cultivadores da acuarela, técnica máis de moda.

A súa obra máis famosa:
![]() |
El carro de heno. |
A infomación extraína de: Xunta.egu.es e wikipedia.
A imaxe extraína de: haciendoelarte.blogspot.com
No comments:
Post a Comment