Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Friday, 16 March 2012

A pintura no século XIX. Eugène Delacroix.

A liberdade guiando ó pobo.
Ferdinand Victor Eugène Delacroix 
Nado o 26 de abril e morto o 13 de agosto de 1863, foi un pintor francés, o máis importante dos pintores románticos. Aos 18 anos ingresou na escola superior de belas artes, no estudo de P. Guérin, onde Théodore Géricault e Gros foron os seus mestres. Visita frecuentemente o Louvre, estudando e copiando aos grandes pintores que admira: Rubens, Velázquez, Rembrandt, Paolo Veronese, e debátese entre a tradición e o clasicismo e o desexo de achar, tralas aparencias, a realidade. O pintor paisaxista Bonington ensinoulle a pintar a natureza. Raymond Soulier iniciouno na acuarela.
En 1822, Delacroix expón, por primeira vez, Dante e Virxilio nos infernos, unha obra chea de forza, dunha composición ambiciosa e cores moi traballadas: a luz deslízase sobre as musculaturas inchadas, un incendio consome unha cidade (en segundo plano), as capas ondean ao vento. A fantasía, o macabro e o erotismo mistúranse. Dous anos máis tarde pinta As matanzas de Quíos, unha obra enérxica e cun colorido moito máis vivo. Ambos cadros concretizan a súa ambivalencia interior que se debate entre o romanticísmo e o clasicísmo, entre deseño e cor, polémica interna que o acompañará durante toda a súa vida.
 En 1827 expón A morte de Sardanápalo, un cadro no que fai gala dunha das súas máis espléndidas combinacións de cor, e cun trazado cheo de vigor, tras un esbozo ao temple fixo unha serie de estudos parciais ao pastel e, despois, ao natural. O cadro foi vendido en 1847 a M. Wilson, que o instala no seu castelo de Brie, o que provocou un grave deterioro do cadro, e unha difícil restauración.


A información extraína da wikipedia
e a imaxe de peace_terrorists.blogs.sapo.pt

No comments:

Post a Comment