A terra chá

A Comarca da Terra Chá sitúase na zona norte e interior da provincia de Lugo.
É a comarca máis extensa de Galicia con 1822,75 km². Conta con 47.697 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros,cómpre citar o castro de Vilonga con agros e pradeiras chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca. Pertencen a ela os concellos de Abadín,Begonte,Castro de Rei,Cospeito,Guitiriz,Muras,A pastoriza,Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba. A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea, contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde é máis montañosa cobra auxe a gandeiría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega

Fontes de información: información-wikipedia, imaxes- a voz de vilalba.

As fontes de información podíalas citar cunha ligazón e, especificando, cal se corresponde co texto e cal coa imaxe. Así e todo, o post está bastante ben, pero tes que corrixir o texto (nalgún caso falta algunha palabra).
ReplyDeleteV+.
Xa está feito.
ReplyDelete