Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Wednesday, 16 March 2011

Comarcas de Galicia.A Limia

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo
plano.

SUPERFICIE
A superficie total desta comarca é: 801.9 km².

POBOACIÓN
A poboación total en 2006 é: 24.266 hab.

E a súa densidade é: 30,26 hab/km².

OS CONCELLOS QUE A COMPOÑEN
Os concellos que a compoñen son: Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

ACTIVIDADES ECONÓMICAS MÁIS SALIENTABLES
O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferencia, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.
A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia.
Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

1 comment:

  1. Debes colocar ben o texto do apartado "poboación" e sobra (porque non concorda sintacticamente) o segundo período resaltado en amarelo.
    A organización do post por apartados resulta útil e atraente. Pero... faltan datos tan importantes como a desecación da Lagoa de Antela (na introdución) e a produción de pataca (nas actividades económicas). Ademais, non citaches a procedencia da información e mais a da imaxe. Por último, nas etiquetas faltaba unha tan importante como "comarcas" (xa a engadín).
    V.

    ReplyDelete