Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Wednesday, 2 February 2011

O tema da emigración na literatura galega. Castelao.

O pai de migueliño.
O pai de migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato.
Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcabn nas greas, en procura do pai ensoñado.

Procedencia da imaxe: allcollection.net

  • Breve apuntamento sobre a vida de castelao:
Foi debuxante, escritor e político. En 1895 marchou coa súa nai Xoaquina Castelao Genme, a Arxentina para reunirse co se pai, Mariano Rodríguez Dios, propietario dunha polbeira e dun almacén de comercio en Santa Rosa de Toay (La Pampa) onde naceron as súas irmás Xosefina e Tareixa.

No comments:

Post a Comment