Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Wednesday, 16 March 2011

Comarcas de Galiza. Chantada.


Chantada

Cunha disposición alongada, a Comarca de Chantada constitúe un fermoso chanzo natural que se estende entre a Dorsal Galega que a limita polo oeste, e a singular paisaxe do río Miño, polo leste.

Os Montes de Vacaloura polo norte e a Serra do Faro polo oeste, que establece o límite natural coa provincia de Pontevedra, rexistran as maiores altitudes da comarca, acadando os 1.000 metros. Ao pé destes relevos esténdese a denominada superficie de Chantada, que se continúa cara ao leste polas fermosas paraxes fluviais da Ribeira Sacra, percorrida polo río Miño, cuxas ladeiras cóbrense dos fértiles socalcos de viñedos.

O río Miño entra na comarca represado no encoro de Belesar, percorre o límite coas Comarcas de Sarria e Lemos até a Ponte de San Fiz en Asma e augas abaixo, a partir do núcleo de Belesar représase de novo no encoro dos Peares, onde conflúen o Miño e o Sil.

A súa superficie total é de462 km2 e a súa poboación total é de 16.390 hab.

Fontes de información:
comarcas de Galicia
sispares.com







1 comment:

  1. Visualmente o post quedou bastante atractivo, aínda que o maior traballo foi o de copiar e pegar. Debes corrixir os erros lingüísticos marcados en laranxa (o verbo é "establecer" e o substantivo é "encoro"). Ademais, debes redactar os datos de superficie e poboación e citar correctamente as fontes de información (a páxina da que copiaches non é a Wikipedia) e "sispares" é a web da cal procede a imaxe superior.
    V.

    ReplyDelete