Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Wednesday, 16 March 2011

Comarcas de Galicia. Ferrol


A Comarca de Ferrol sitúase na provincia da Coruña. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 163.158 habitantes, distribuídos en 11 concellos
A comarca pódese dividir en; Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón , Neda,San Sadurniño,Cedeira,Moeche,As Somozas,Valdoviño. Son pequenos en extensión e teñen gran densidade de poboación,dependen en gran medida de Ferrol e Narón nas súas relacións.

A comarca de Ferrol foi unha das áreas máis industrializadas de Galicia, e conta cunha importantísima industria de estaleiros que está inmersa nunha reconversión sectorial, consecuencia da crise no sector.
Proxectos como o recente Porto exterior de Ferrol pretenden dar un pulo e revoca-la situación de certa decadencia, dotando á cidade de modernas infraestruturas. Xunto co Porto exterior da Coruña e con tódalas empresas e polígonos industriais situados entrámbolos portos estase a formar unha importante rexión industrial loxístico-marítima.

1 comment:

  1. É unha mágoa que todas as ligazóns que inclúes sexan produto involuntario, debido á copia. O post é correcto, pero un pouco "soso", xa que podías incluír algunha imaxe a maiores. Debes modificar o texto marcado en amarelo e laranxa: "Son concellos pequenos..."; "revoga-la situación".
    A procedencia da información non se pon nas etiquetas. Debes engadila ao final do texto, e a procedencia da imaxe non é "google imaxes" (isto simplemente é un buscador).
    V.

    ReplyDelete