Moitas veces confundese a comarca oficial de Vigo coa Área Metropolitana de Vigo, pero na realidade non se corresponden, pois forman parte de dita Área Metropolitana, á parte dos municipios que integran a comarca, tamén os de Cangas e Moaña (Comarca do Morrazo) e o de Salvaterra de Miño (Comarca do Condado).
A súa superficie total é de 613,4 km²(2.07%)
Integrana os concellos de:
O Porriño
Baiona
Fornelos de Montes
Gondomar
Mos
Nigrán
Pazos de Borbén
Redondela
Salceda de Caselas
Soutomaior
Vigo
Actividades económicas:
A economía da comarca viguesa caracterízase pola preponderancia dunha economía diversificada vencellada ao sector pesqueiro, á industria e aos servizos. Entre os motores da economía de Vigo está a industria automobilística, liderada por PSA Peugeot Citroën, que ten no concello a súa primeira factoría en importancia de Europa, ao producir en 2007 un total de 547 mil vehículos, dos cales máis do 88% foron exportados fóra de España.
Así mesmo, son moi importantes a construción naval e o sector pesqueiro en todas as súas vertentes, dende a industria extractiva, armadores, ata a comercial, coas súas lonxas de altura e de baixura, así como a industria conserveira, conxeladora e transformadora. Vigo é o primeiro porto comercializador de peixe para consumo humano do mundo (650.000 toneladas no ano 2004), e os estaleiros da Ría son líderes da construción naval privada española, por facturación e tonelaxe. Tamén destaca a extracción, transformación e comercialización de granito e outras pedras ornamentais no Porriño.
O post está completo e ten poucos erros lingüísticos, que debes corrixir. Pero... Como se che esqueceu poñer as fontes de información do texto e das imaxes?
ReplyDeleteV.
Xa está feita a correción...
ReplyDelete