Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Wednesday, 16 March 2011

Comarca de galicia. O Deza.

Comarca do Deza:
A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.
A comarca está estruturada pola Dorsal galega, coas serras do Faro ao leste, a Martiñá ao sur, Candán ao oeste e o río Ulla, que a separa da Terra de Santiago ao norte. O conxunto constitúe unha comarca natural que xa se referencia en documentos do ano 569 ao se conformar o Condado decense no seo da diocese de Lugo.
Caracterízase por un clima atlántico, sen temperaturas extremas nin en inverno nin en verán, con paisaxes fluviais que permiten o desenvolvemento de especies vexetais mediterráneas e o cultivo de vides, limoeiros, etc.
A superficie total da comarca do Deza é de 1.027 km2.
A poboación total da comarca do Deza é de 45.793 habitantes.
Os concellos que a compoñen son varios, e son:
Agolada, Silleda, Vilas de cruces, Dozón, Lalín, Rodeiro.
As actividades económicas máis salientables son:


É o Deza unha comarca próspera e emprendedora, de economía diversificada, baseada nun importante subsector agropecuario, un tecido industrial crecente con especial peso da industria téxtil e un sector terciario que xorde como sustento aos sectores primario e industrial.

As actividades agrarias, que engloban en torno a un terzo da poboación ocupada, caracterízanse por unha elevada especialización no gando bovino de produción láctea e cárnica, e no porcino. Para isto conta cunha das cabanas gandeiras máis grande de Galicia en número de cabezas e en produción.

Procedencia das imaxes: blogdelaautoescuela.com, ask.com

3 comments:

  1. O post é completo e atractivo, aínda que te limitaches máis que nada a copiar e pegar.
    Debes incluír a fonte de información do texto e corrixir todo o que está marcado en laranxa.
    V.
    Texto completo: A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.
    A comarca está estruturada pola Dorsal galega, coas serras do Faro ao leste, a Martiñá ao sur, Candán ao oeste e o río Ulla, que a separa da Terra de Santiago, ao norte. O conxunto constitúe unha comarca natural que xa se referencia en documentos do ano 569 ao se conformar o Condado decense no seo da diocese de Lugo.
    Caracterízase por un clima atlántico, sen temperaturas extremas nin en inverno nin en verán, con paisaxes fluviais que permiten o desenvolvemento de especies vexetais mediterráneas e o cultivo de vides, limoeiros, etc.
    A superficie total da comarca do Deza é de 1.027 km2.
    A poboación total da comarca do Deza é de 45.793 habitantes.
    Os concellos que a compoñen son varios, e son:

    Actividades económicas máis salientables:

    É o Deza unha comarca próspera e emprendedora, de economía diversificada, baseada nun importante subsector agropecuario, un tecido industrial crecente con especial peso da industria téxtil e un sector terciario que xorde como sustento aos sectores primario e industrial.

    As actividades agrarias, que engloban en torno a un terzo da poboación ocupada, caracterízanse por unha elevada especialización no gando bovino de produción láctea e cárnica, e no porcino. Para isto conta cunha das cabanas gandeiras máis grande de Galicia en número de cabezas e en produción.

    ReplyDelete
  2. This comment has been removed by the author.

    ReplyDelete
  3. O post do Deza xa esta corrixido e terminado

    ReplyDelete