 |
A liberdade guiando ó pobo. |
|
Ferdinand Victor Eugène Delacroix
Nado o
26 de abril e morto o 13 de agosto de
1863, foi un pintor
francés, o máis importante dos pintores románticos. Aos 18 anos ingresou na escola superior de belas artes, no estudo de P. Guérin, onde Théodore Géricault e Gros foron os seus mestres. Visita frecuentemente o
Louvre, estudando e copiando aos grandes pintores que admira:
Rubens,
Velázquez, Rembrandt, Paolo Veronese, e debátese entre a tradición e o clasicismo e o desexo de achar, tralas aparencias, a realidade. O pintor paisaxista Bonington ensinoulle a pintar a natureza. Raymond Soulier iniciouno na acuarela.
En
1822, Delacroix expón, por primeira vez,
Dante e Virxilio nos infernos, unha obra chea de forza, dunha composición ambiciosa e cores moi traballadas: a luz deslízase sobre as musculaturas inchadas, un incendio consome unha cidade (en segundo plano), as capas ondean ao vento. A fantasía, o macabro e o erotismo mistúranse. Dous anos máis tarde pinta
As matanzas de Quíos, unha obra enérxica e cun colorido moito máis vivo. Ambos cadros concretizan a súa ambivalencia interior que se debate entre o romanticísmo e o
clasicísmo, entre deseño e cor, polémica interna que o acompañará durante toda a súa vida.
En 1827 expón
A morte de Sardanápalo, un cadro no que fai gala dunha das súas máis espléndidas combinacións de cor, e cun trazado cheo de vigor, tras un esbozo ao temple fixo unha serie de estudos parciais ao pastel e, despois, ao natural. O cadro foi vendido en 1847 a M. Wilson, que o instala no seu castelo de Brie, o que provocou un grave deterioro do cadro, e unha difícil restauración.
A información extraína da wikipedia
e a imaxe de peace_terrorists.blogs.sapo.pt