Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Wednesday, 16 March 2011

COMARCAS DE GALICIA :VERÍN



A comarca de Verín está situada no sur da provincia de Ourense, linda polo sur coa fronteira de Portugal, polo leste coa comarca de Viana, polo norte con Terra de Trives e a Terra de Caldelas, e polo oeste coa Limia.
A sua superficie é de 1.007 km2, e a súa poboación é de 28.811 habitantes (resultados do ano 2004).
Os seus concellos son: Verín, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Laza, Castrelo do Val, Riós e Vilardevós.
A súa actividade económica máis salientable é a produción agrícola, orientada fundamentalmente á comercialización dos productos. Tamén polo seu viño, de Denominación de Orixe de Monterrei.





















Imformación extraída de:abritealoinesperado.com.ar, viaauria.es,www.comarcasdegalicia.com/

Comarcas de Galiza. Chantada.


Chantada

Cunha disposición alongada, a Comarca de Chantada constitúe un fermoso chanzo natural que se estende entre a Dorsal Galega que a limita polo oeste, e a singular paisaxe do río Miño, polo leste.

Os Montes de Vacaloura polo norte e a Serra do Faro polo oeste, que establece o límite natural coa provincia de Pontevedra, rexistran as maiores altitudes da comarca, acadando os 1.000 metros. Ao pé destes relevos esténdese a denominada superficie de Chantada, que se continúa cara ao leste polas fermosas paraxes fluviais da Ribeira Sacra, percorrida polo río Miño, cuxas ladeiras cóbrense dos fértiles socalcos de viñedos.

O río Miño entra na comarca represado no encoro de Belesar, percorre o límite coas Comarcas de Sarria e Lemos até a Ponte de San Fiz en Asma e augas abaixo, a partir do núcleo de Belesar représase de novo no encoro dos Peares, onde conflúen o Miño e o Sil.

A súa superficie total é de462 km2 e a súa poboación total é de 16.390 hab.

Fontes de información:
comarcas de Galicia
sispares.com







Comarcas de Galicia.A Limia

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo
plano.

SUPERFICIE
A superficie total desta comarca é: 801.9 km².

POBOACIÓN
A poboación total en 2006 é: 24.266 hab.

E a súa densidade é: 30,26 hab/km².

OS CONCELLOS QUE A COMPOÑEN
Os concellos que a compoñen son: Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

ACTIVIDADES ECONÓMICAS MÁIS SALIENTABLES
O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferencia, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.
A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia.
Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

Comarcas de Galicia. Ferrol


A Comarca de Ferrol sitúase na provincia da Coruña. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 163.158 habitantes, distribuídos en 11 concellos
A comarca pódese dividir en; Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón , Neda,San Sadurniño,Cedeira,Moeche,As Somozas,Valdoviño. Son pequenos en extensión e teñen gran densidade de poboación,dependen en gran medida de Ferrol e Narón nas súas relacións.

A comarca de Ferrol foi unha das áreas máis industrializadas de Galicia, e conta cunha importantísima industria de estaleiros que está inmersa nunha reconversión sectorial, consecuencia da crise no sector.
Proxectos como o recente Porto exterior de Ferrol pretenden dar un pulo e revoca-la situación de certa decadencia, dotando á cidade de modernas infraestruturas. Xunto co Porto exterior da Coruña e con tódalas empresas e polígonos industriais situados entrámbolos portos estase a formar unha importante rexión industrial loxístico-marítima.

Comarca de galicia. O Deza.

Comarca do Deza:
A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.
A comarca está estruturada pola Dorsal galega, coas serras do Faro ao leste, a Martiñá ao sur, Candán ao oeste e o río Ulla, que a separa da Terra de Santiago ao norte. O conxunto constitúe unha comarca natural que xa se referencia en documentos do ano 569 ao se conformar o Condado decense no seo da diocese de Lugo.
Caracterízase por un clima atlántico, sen temperaturas extremas nin en inverno nin en verán, con paisaxes fluviais que permiten o desenvolvemento de especies vexetais mediterráneas e o cultivo de vides, limoeiros, etc.
A superficie total da comarca do Deza é de 1.027 km2.
A poboación total da comarca do Deza é de 45.793 habitantes.
Os concellos que a compoñen son varios, e son:
Agolada, Silleda, Vilas de cruces, Dozón, Lalín, Rodeiro.
As actividades económicas máis salientables son:


É o Deza unha comarca próspera e emprendedora, de economía diversificada, baseada nun importante subsector agropecuario, un tecido industrial crecente con especial peso da industria téxtil e un sector terciario que xorde como sustento aos sectores primario e industrial.

As actividades agrarias, que engloban en torno a un terzo da poboación ocupada, caracterízanse por unha elevada especialización no gando bovino de produción láctea e cárnica, e no porcino. Para isto conta cunha das cabanas gandeiras máis grande de Galicia en número de cabezas e en produción.

Procedencia das imaxes: blogdelaautoescuela.com, ask.com

Comarcas de Galicia:Vigo

A comarca de Vigo, é unha comarca española situada na costa sur de Galicia, dentro da provincia de Pontevedra. Limita ao norte coa Comarca de Pontevedra, ao leste coas comarcas de Condado, Paradanta e Ribeiro (Ourense), ao sur coa Comarca do Baixo Miño e ao oeste coa Comarca do Morrazo e o océano Atlántico.

Moitas veces confundese a comarca oficial de Vigo coa Área Metropolitana de Vigo, pero na realidade non se corresponden, pois forman parte de dita Área Metropolitana, á parte dos municipios que integran a comarca, tamén os de Cangas e Moaña (Comarca do Morrazo) e o de Salvaterra de Miño (Comarca do Condado).

A súa superficie total é de 613,4 km²(2.07%)



A súa poboación total é de297.124 hab. de acordo cos datos do 2010

Integrana os concellos de:

O Porriño
Baiona
Fornelos de Montes
Gondomar
Mos
Nigrán
Pazos de Borbén
Redondela
Salceda de Caselas
Soutomaior
Vigo

Actividades económicas:

A economía da comarca viguesa caracterízase pola preponderancia dunha economía diversificada vencellada ao sector pesqueiro, á industria e aos servizos. Entre os motores da economía de Vigo está a industria automobilística, liderada por PSA Peugeot Citroën, que ten no concello a súa primeira factoría en importancia de Europa, ao producir en 2007 un total de 547 mil vehículos, dos cales máis do 88% foron exportados fóra de España.

Así mesmo, son moi importantes a construción naval e o sector pesqueiro en todas as súas vertentes, dende a industria extractiva, armadores, ata a comercial, coas súas lonxas de altura e de baixura, así como a industria conserveira, conxeladora e transformadora. Vigo é o primeiro porto comercializador de peixe para consumo humano do mundo (650.000 toneladas no ano 2004), e os estaleiros da Ría son líderes da construción naval privada española, por facturación e tonelaxe. Tamén destaca a extracción, transformación e comercialización de granito e outras pedras ornamentais no Porriño.

Comarcas de galicia. A terra chá

A terra chá


A Comarca da Terra Chá sitúase na zona norte e interior da provincia de Lugo.
É a comarca máis extensa de Galicia con 1822,75 km². Conta con 47.697 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros,cómpre citar o castro de Vilonga con agros e pradeiras chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca. Pertencen a ela os concellos de Abadín,Begonte,Castro de Rei,Cospeito,Guitiriz,Muras,A pastoriza,Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba. A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea, contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde é máis montañosa cobra auxe a gandeiría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega


Fontes de información: información-wikipedia, imaxes- a voz de vilalba.