Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Monday, 3 January 2011

A DESLOCALIZACIÓN

Deslocalización: movemento que realizan algunhas empresas, xeralmente multinacionais, que trasladan os seus centros de traballo en países desenvoltos a países con menores custos para eles, xeralmente do Terceiro Mundo.

Causas que inflúen na deslocalización:

  • Menor custo na man de obra.
  • Lexislacións menos estrictas coa proteción do medio ambiente e a loita contra a contaminación, inutilización de terras, etc.
  • Condicións de traballo máis flexibles, que permitan menos seguridade no traballo, maior xornada laboral, etc.

Todo isto favorece as empresas, xa que aumentan os seus beneficios sen ter que gastar tanto diñeiro en man de obra, capital, etc

Procedencia da imaxe: elrolloblogdejavier.blogspot.com

1 comment:

  1. Parabéns polo primeiro post!
    Aínda así, permíteme algunhas aclaracións:
    1. Reviseino lingüisticamente (tiña poucos erros, pero algún tíñao)
    2. Púxenlle título (non debes esquecerte diso)
    3. Engadín a procedencia da imaxe (é conveniente)
    4. Engadín unha etiqueta ("economía)
    5. Este non era o concepto que che correspondía. O teu era DESCOLONIZACIÓN.

    ReplyDelete