
Actualmente e desde hai varias décadas é unha organización totalmente laica e independente traballando activamente para xerar transformacións sociais tanto nos países do Norte como nos do Sur. Actúa nas áreas de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, Acción Humanitaria e xestión de conflitos, Comercio xusto e Incidencia política e mobilización social, con programas e proxectos a través de modelos que garantan a autosustentabilidade e independencia, a equidade, a sustetabilidade e a participación.
A ONG Intermón Oxfam traballa en 48 países de todo o mundo, actuando de forma integral: coopera en programas de desenvolvemento, actúa en situacions de emerxencia, fomenta o comercio xusto e promove campañas de sensibilización e mobilización social. Sempre o fai co obxectivo de xerar cambios duradeiros para que miles de personas poidan valerse por si mesmas.
Procedencia da imaxe: muevetemadridprueba.wordpress.com
Non está mal. Debes corrixir as formas do texto resaltadas.
ReplyDelete