
Naceu de mans de mulleres en 1960, cando as Mulleres de Acción Católica fixeron seu o chamamento da FAO e lanzaron en España a campaña contra a fame no mundo, dedicando unha xornada a recoller fondos mediante unha colecta en parroquias e colexios, destinada aos países de África e a India. Esa xornada celébrase dende entón o segundo domingo de Febreiro e alcanzou gran popularidade na sociedade española. Aínda conservando esa orixinaria identidade feminina e católica, toda persoa, muller ou varón, de boa vontade pode colaborar con Mans Unidas.
Está presente en todo o territorio español a través de 71 Delegacións. As artífices da Campaña contra a Fame tomaron no ano 1978 o nome de Mans Unidas, ONGD, que logrou unha ampla penetración social e gran credibilidade. Os seus fondos proceden da citada colecta anual, das cotas dos seus socios e de donativos. Dende a súa fundación os seus traballos centráronse en dúas actividades complementarias: sensibilizar a poboación española para que coñeza e sexa consciente da realidade dos países en vías de desenvolvemento. E apoiar e financiar proxectos en África, América, Asia e Oceanía para colaborar co desenvolvemento dos pobos do Sur.
Podías introducir o vídeo cunha breve explicación, ou ben poñer outro máis xenérico.
ReplyDelete