
O peixe espada péscase de variadas modalidades: a cana en pesca deportiva, en modalidade de brumeo e corricán. A brumeo péscase mellor pola noite, os cebos máis utilizados para a pesca na modalidade de brumeo no Mediterráneo son as sardiñas, alachas, vogas, tamén come ben cebado con lura. Son moi características as picadas do peixe espada, bastante doados de identificar por un pescador experto, sempre xoga co cebo antes de comelo, notándose na cana uns tiróns antes da picada definitiva, é bastante normal pescar o macho e a continuación á femia, xa que durante a época posterior á desova continúan migrando en parella durante unhas semanas. É un animal que cando se ve preso polo anzol reacciona de forma violenta, dando tiróns intermitentes con descansos intermedios e saltando fóra da auga para librarse do anzol.
Está bastante ben, pero faltouche poñer o que xa engadín: as etiquetas e a procedencia da imaxe. Reviseino tamén lingüisticamente, que falta lle facía (o título estaba en castelán)
ReplyDelete