
Fragmento do relato "O segredo"( Retrincos).
Tiña eu once anos cando meu pai, que estaba na Arxentina, nos chamou cabo de si; e alá fomos embarcados, a miña nai e mais eu, nun paquete alemán. E axiña de arribar a Bos Aires pillamos un tren que corría moito e logo outro que corría pouco e despois un coche de cabalos que nos levou a tombos polo deserto da Pampa. Naquela soedade plantara meu pai unha casa para facerse rico, cavilando sempre nos eidos nativos; i era forza pecha-los ollos ó circio traballo en espera do retorno feliz.
Breve reseña sobre a estadía en América:
De familia modesta, o pai de Castelao emigra a Arxentina e o resto da familia úneselle cando el contaba nove anos: a experiencia da vida na "pulpería" rexentada por seu pai deixará unha fonda pegada na futura obra artística do rapaz.
No comments:
Post a Comment