Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Friday, 21 January 2011

As ONG. greenpeace

GREENPEACE: É unha organización ambientalista non gubernamental. Fundada no año 1971 en vancouver, Canadá, en protesta ante a práctica nuclear estadounidense no arquipélago de Amchitka (Alaska). Greenpeace realiza accións directas non violentas e de investigación para lograr os seus obxectivos. Está establecida en case todo o mundo, con oficinas nacionais e rexionais en máis de 40 países. A organización mundial obteñen os seus ingresos por medio das contribuicións individuais dos seus socios, e conta con 3 millóns de socios en todo o mundo.









Procedencia da informacion: wikipedia - youtube

As ONG. Amnistía Internacional

Amnistía Internacional é un movemento mundial integrado por persoas cuxo fin é contribuír a que se respecten os dereitos humanos, traballando por eses dereitos proclamados na Declaración Universal e noutras normas internacionais. Promovendo a súa observancia e a súa concienciación pública con actividades de acción, así como por medio da educación e da presión para que se ratifiquen e apliquen nos tratados. Está formado por máis dun millón e medio de persoas, de máis de 150 países e territorios, que dedican o seu tempo e o seu esforzo para traballar por un mundo no que todas as persoas gocen de todos os dereitos humanos e para apoiar ás vítimas cuxos dereitos foron violados.

As ONG: Intermón Oxfam.

Intermón naceu o 11 de agosto de 1956 como Secretariado de Misións e Propaganda da Compañía de Xesús, destinado a axudar nas misións a Bolivia, Paraguai e a India. Con carácter relixioso e asistencialista en principio, durante os años 1960 dirixiuse máis por apoiar económica e socialmente. Intermón oxfam foi galardoada como a mellor ONG en axuda humanitaria no ano 2001.
Actualmente e desde hai varias décadas é unha organización totalmente laica e independente traballando activamente para xerar transformacións sociais tanto nos países do Norte como nos do Sur. Actúa nas áreas de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, Acción Humanitaria e xestión de conflitos, Comercio xusto e Incidencia política e mobilización social, con programas e proxectos a través de modelos que garantan a autosustentabilidade e independencia, a equidade, a sustetabilidade e a participación.
A ONG Intermón Oxfam traballa en 48 países de todo o mundo, actuando de forma integral: coopera en programas de desenvolvemento, actúa en situacions de emerxencia, fomenta o comercio xusto e promove campañas de sensibilización e mobilización social. Sempre o fai co obxectivo de xerar cambios duradeiros para que miles de personas poidan valerse por si mesmas.
Procedencia da imaxe: muevetemadridprueba.wordpress.com






MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

Médicos Sen Fronteiras: é unha organización médica humanitaria internacional que presta apoio a vítimas de catástrofes naturais ou conflictos armados e humanos, sen distinción de raza, sexo, relixión, filosofía ou política.Foi premiada co Nobel da Paz en 1999. O Comité Nobel Noruego atribúelle polo seu traballo pioneiro sobre humanitaria localidades.Tambien varias gañou o Premio Príncipe de Asturias en 1991.

As ONG:Manos unidas.


Naceu de mans de mulleres en 1960, cando as Mulleres de Acción Católica fixeron seu o chamamento da FAO e lanzaron en España a campaña contra a fame no mundo, dedicando unha xornada a recoller fondos mediante unha colecta en parroquias e colexios, destinada aos países de África e a India. Esa xornada celébrase dende entón o segundo domingo de Febreiro e alcanzou gran popularidade na sociedade española. Aínda conservando esa orixinaria identidade feminina e católica, toda persoa, muller ou varón, de boa vontade pode colaborar con Mans Unidas.

Está presente en todo o territorio español a través de 71 Delegacións. As artífices da Campaña contra a Fame tomaron no ano 1978 o nome de Mans Unidas, ONGD, que logrou unha ampla penetración social e gran credibilidade. Os seus fondos proceden da citada colecta anual, das cotas dos seus socios e de donativos. Dende a súa fundación os seus traballos centráronse en dúas actividades complementarias: sensibilizar a poboación española para que coñeza e sexa consciente da realidade dos países en vías de desenvolvemento. E apoiar e financiar proxectos en África, América, Asia e Oceanía para colaborar co desenvolvemento dos pobos do Sur.



As ONG.Cruz Vermella Internacional


O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella é unha institución humanitaria, internacional e de carácter voluntario. Fundouna en Suíza no ano 1863 Henri Dunant, dende entón traballa en favor dos colectivos máis vulnerables e necesitados. Defende os dereitos humanos, as minorías étnicas e o medio ambiente. A Cruz Vermella fomenta a cooperación dos países máis ricos cos máis desfavorecidos.
Está formado polo


Monday, 10 January 2011

Control de audiencia nos medios de comunicación


A infomación e o entretemento xeran riqueza e inflúen decisivamente na opinión púbblica. Por esta razón formáronse grandes empresas que editan xornais e revistas, teñen canais de televisión, emisoras de radio, programas de produción propios...
Para acadar estes obxectivos económicos e sociais, algunhas empresas recorren, sobre todo a través da televisión, á produción de progarmas dunha garnde audiencia, pero que carecen de calidade.

Pola contra, outras empresas da comunicación, aínda que teñan eses mesmos obxectivos, fan prevalecer a ética e mais a profesionalidade á hora de establecer a súa programación.

Que é a globalización

Procedencia da imaxe: sobreconceptos.com
A globalización é un fenómeno que se caracteriza pola interdependencia económica, política, social e cultural de todos os países do mundo.
Está definida polos seguintes trazos:

  • Cobertura mundial
  • Inmediata
  • Económica
  • Transformou as bases da sociedade
  • Creou unha conciencia global

Sunday, 9 January 2011

A Descolonización

procedencia da imaxe: descolonizacioneindependencia.wordpress.com
Descolonización: é o proceso polo cal unha ou varias colonias adquiren ou recuperan a súa independencia, xeralmente por acordo entre a potencia colonial e un partido político (ou coalición) ou movemento de liberación.Trátase dun proceso oposto ao do colonialismo.

A esperanza de vida.

A esperanza de vida é a media da cantidade de anos que vive unha determinada poboación nun certo periodo de tempo. Sóese dividir en masculina e feminina, e vese influenciada por factores como a calidade da medicina ,a hixiene , as guerras, etc, se ben actualmente se soe referir unicamente ás persoas que teñen unha morte non violenta.

Nos países desenvolvidos a esperanza de vida é maior ca nos países máis pobres e con menos recursos.
procedencia da imaxe: wikipedia


Archivo:Life Expectancy 2009 Estimates CIA World Factbook.svg



Friday, 7 January 2011

A débeda externa é a suma das obrigacións que ten un país con respecto doutros, que se compón de débeda pública (a contraída polo estado) e débeda privada ou do sector privado, que é aquela que contraen os particulares no exterior.

A débeda externa con respecto a outros países dáse con frecuencia a través de organismos como o Fondo Monetario Internacional ou oBanco Mundial. Se o debedor ten problemas para pagala, pode supor un serio problema para o desenvolvemento económico dun país, e ata para a súa autonomía.


Fonte: Wikipedia
Procedencia das imaxes:
mas-ecuador.nireblog.com

esquinamontevideo.blogspot.com


Wednesday, 5 January 2011

LIÑA DE POBREZA HUMANA (LPH)



A Liña De Pobreza Humana serve para saber a cantidade de persoas nun país que viven por debaixo do diñeiro considerado como o mínimo imprescindible. A LPH é variable en cada país, pero serve para comparar uns con outros.

Monday, 3 January 2011

A DESLOCALIZACIÓN

Deslocalización: movemento que realizan algunhas empresas, xeralmente multinacionais, que trasladan os seus centros de traballo en países desenvoltos a países con menores custos para eles, xeralmente do Terceiro Mundo.

Causas que inflúen na deslocalización:

  • Menor custo na man de obra.
  • Lexislacións menos estrictas coa proteción do medio ambiente e a loita contra a contaminación, inutilización de terras, etc.
  • Condicións de traballo máis flexibles, que permitan menos seguridade no traballo, maior xornada laboral, etc.

Todo isto favorece as empresas, xa que aumentan os seus beneficios sen ter que gastar tanto diñeiro en man de obra, capital, etc

Procedencia da imaxe: elrolloblogdejavier.blogspot.com