Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.
Showing posts with label Comarcas de Galicia. Show all posts
Showing posts with label Comarcas de Galicia. Show all posts

Wednesday, 16 March 2011

Comarcas de Galiza. Chantada.


Chantada

Cunha disposición alongada, a Comarca de Chantada constitúe un fermoso chanzo natural que se estende entre a Dorsal Galega que a limita polo oeste, e a singular paisaxe do río Miño, polo leste.

Os Montes de Vacaloura polo norte e a Serra do Faro polo oeste, que establece o límite natural coa provincia de Pontevedra, rexistran as maiores altitudes da comarca, acadando os 1.000 metros. Ao pé destes relevos esténdese a denominada superficie de Chantada, que se continúa cara ao leste polas fermosas paraxes fluviais da Ribeira Sacra, percorrida polo río Miño, cuxas ladeiras cóbrense dos fértiles socalcos de viñedos.

O río Miño entra na comarca represado no encoro de Belesar, percorre o límite coas Comarcas de Sarria e Lemos até a Ponte de San Fiz en Asma e augas abaixo, a partir do núcleo de Belesar représase de novo no encoro dos Peares, onde conflúen o Miño e o Sil.

A súa superficie total é de462 km2 e a súa poboación total é de 16.390 hab.

Fontes de información:
comarcas de Galicia
sispares.com







Comarcas de Galicia. Ferrol


A Comarca de Ferrol sitúase na provincia da Coruña. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 163.158 habitantes, distribuídos en 11 concellos
A comarca pódese dividir en; Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón , Neda,San Sadurniño,Cedeira,Moeche,As Somozas,Valdoviño. Son pequenos en extensión e teñen gran densidade de poboación,dependen en gran medida de Ferrol e Narón nas súas relacións.

A comarca de Ferrol foi unha das áreas máis industrializadas de Galicia, e conta cunha importantísima industria de estaleiros que está inmersa nunha reconversión sectorial, consecuencia da crise no sector.
Proxectos como o recente Porto exterior de Ferrol pretenden dar un pulo e revoca-la situación de certa decadencia, dotando á cidade de modernas infraestruturas. Xunto co Porto exterior da Coruña e con tódalas empresas e polígonos industriais situados entrámbolos portos estase a formar unha importante rexión industrial loxístico-marítima.

Comarca de galicia. O Deza.

Comarca do Deza:
A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.
A comarca está estruturada pola Dorsal galega, coas serras do Faro ao leste, a Martiñá ao sur, Candán ao oeste e o río Ulla, que a separa da Terra de Santiago ao norte. O conxunto constitúe unha comarca natural que xa se referencia en documentos do ano 569 ao se conformar o Condado decense no seo da diocese de Lugo.
Caracterízase por un clima atlántico, sen temperaturas extremas nin en inverno nin en verán, con paisaxes fluviais que permiten o desenvolvemento de especies vexetais mediterráneas e o cultivo de vides, limoeiros, etc.
A superficie total da comarca do Deza é de 1.027 km2.
A poboación total da comarca do Deza é de 45.793 habitantes.
Os concellos que a compoñen son varios, e son:
Agolada, Silleda, Vilas de cruces, Dozón, Lalín, Rodeiro.
As actividades económicas máis salientables son:


É o Deza unha comarca próspera e emprendedora, de economía diversificada, baseada nun importante subsector agropecuario, un tecido industrial crecente con especial peso da industria téxtil e un sector terciario que xorde como sustento aos sectores primario e industrial.

As actividades agrarias, que engloban en torno a un terzo da poboación ocupada, caracterízanse por unha elevada especialización no gando bovino de produción láctea e cárnica, e no porcino. Para isto conta cunha das cabanas gandeiras máis grande de Galicia en número de cabezas e en produción.

Procedencia das imaxes: blogdelaautoescuela.com, ask.com

Comarcas de galicia. A terra chá

A terra chá


A Comarca da Terra Chá sitúase na zona norte e interior da provincia de Lugo.
É a comarca máis extensa de Galicia con 1822,75 km². Conta con 47.697 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros,cómpre citar o castro de Vilonga con agros e pradeiras chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca. Pertencen a ela os concellos de Abadín,Begonte,Castro de Rei,Cospeito,Guitiriz,Muras,A pastoriza,Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba. A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea, contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde é máis montañosa cobra auxe a gandeiría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega


Fontes de información: información-wikipedia, imaxes- a voz de vilalba.