Chantada
Cunha disposición alongada, a Comarca de Chantada constitúe un fermoso chanzo natural que se estende entre a Dorsal Galega que a limita polo oeste, e a singular paisaxe do río Miño, polo leste.
Os Montes de Vacaloura polo norte e a Serra do Faro polo oeste, que establece o límite natural coa provincia de Pontevedra, rexistran as maiores altitudes da comarca, acadando os 1.000 metros. Ao pé destes relevos esténdese a denominada superficie de Chantada, que se continúa cara ao leste polas fermosas paraxes fluviais da Ribeira Sacra, percorrida polo río Miño, cuxas ladeiras cóbrense dos fértiles socalcos de viñedos.
O río Miño entra na comarca represado no encoro de Belesar, percorre o límite coas Comarcas de Sarria e Lemos até a Ponte de San Fiz en Asma e augas abaixo, a partir do núcleo de Belesar représase de novo no encoro dos Peares, onde conflúen o Miño e o Sil.
A súa superficie total é de462 km2 e a súa poboación total é de 16.390 hab.
Fontes de información:
comarcas de Galicia
sispares.comcomarcas de Galicia