Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.
Showing posts with label Deza. Show all posts
Showing posts with label Deza. Show all posts

Wednesday, 16 March 2011

Comarca de galicia. O Deza.

Comarca do Deza:
A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.
A comarca está estruturada pola Dorsal galega, coas serras do Faro ao leste, a Martiñá ao sur, Candán ao oeste e o río Ulla, que a separa da Terra de Santiago ao norte. O conxunto constitúe unha comarca natural que xa se referencia en documentos do ano 569 ao se conformar o Condado decense no seo da diocese de Lugo.
Caracterízase por un clima atlántico, sen temperaturas extremas nin en inverno nin en verán, con paisaxes fluviais que permiten o desenvolvemento de especies vexetais mediterráneas e o cultivo de vides, limoeiros, etc.
A superficie total da comarca do Deza é de 1.027 km2.
A poboación total da comarca do Deza é de 45.793 habitantes.
Os concellos que a compoñen son varios, e son:
Agolada, Silleda, Vilas de cruces, Dozón, Lalín, Rodeiro.
As actividades económicas máis salientables son:


É o Deza unha comarca próspera e emprendedora, de economía diversificada, baseada nun importante subsector agropecuario, un tecido industrial crecente con especial peso da industria téxtil e un sector terciario que xorde como sustento aos sectores primario e industrial.

As actividades agrarias, que engloban en torno a un terzo da poboación ocupada, caracterízanse por unha elevada especialización no gando bovino de produción láctea e cárnica, e no porcino. Para isto conta cunha das cabanas gandeiras máis grande de Galicia en número de cabezas e en produción.

Procedencia das imaxes: blogdelaautoescuela.com, ask.com