Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Wednesday, 2 February 2011

O tema da emigración na literatura galega. Castelao.

O pai de migueliño.
O pai de migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato.
Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcabn nas greas, en procura do pai ensoñado.

Procedencia da imaxe: allcollection.net

  • Breve apuntamento sobre a vida de castelao:
Foi debuxante, escritor e político. En 1895 marchou coa súa nai Xoaquina Castelao Genme, a Arxentina para reunirse co se pai, Mariano Rodríguez Dios, propietario dunha polbeira e dun almacén de comercio en Santa Rosa de Toay (La Pampa) onde naceron as súas irmás Xosefina e Tareixa.

O tema da emigración na literatura galega:Celso Emilio Ferreiro





Viaxe oa país dos ananos


Eu,Gulliver Ferreiro,bon galego,
solemnemente digo:
Esilado na miña propia Terra,
canso de olllar as mesmas torres sempre,
farto de ver as mesmas caliveras
-fasquía de vivir pecho nun sótano-
quixen seguir o rumbo do meu pobo,
o ésodo sin fin dos emigrantes.
Troquéi os lares patrios
polos eidos alleos
e percorrín o mundo coma un mómada
compañeiro do vento e das estrelas.
Camiñéi á ventura,
naveguéi día e noite,mar adentro,
paséi as illas páledas,
vin o peixe voador i os arroaces,
deixéi á esquerda as augas dos Sargazos,
cheguéi ás moles praias do mar quente,
do eterno vrau vestido de bikini,
choutando pola area.
(Veda Woodlake decía quedamente:
é un gran corazón abandoado>.)
Non quixen escoitar
teus cantos de sereia,
Veda Woodlake.Buscaba
aos meus irmáus perdidos,Rosalía
choróu por iles bágoas de esperanza.
Curros berróu os seus trenos inmorrentes
i eu mesmo un día dixen (malia hora!)que os nosos emigrantes.


Celso Emilio Ferreiro

Tuesday, 1 February 2011

O tema da emigración da literatura galega. Castelao


Fragmento do relato "O segredo"( Retrincos).
Tiña eu once anos cando meu pai, que estaba na Arxentina, nos chamou cabo de si; e alá fomos embarcados, a miña nai e mais eu, nun paquete alemán. E axiña de arribar a Bos Aires pillamos un tren que corría moito e logo outro que corría pouco e despois un coche de cabalos que nos levou a tombos polo deserto da Pampa. Naquela soedade plantara meu pai unha casa para facerse rico, cavilando sempre nos eidos nativos; i era forza pecha-los ollos ó circio traballo en espera do retorno feliz.



Breve reseña sobre a estadía en América:

De familia modesta, o pai de Castelao emigra a Arxentina e o resto da familia úneselle cando el contaba nove anos: a experiencia da vida na "pulpería" rexentada por seu pai deixará unha fonda pegada na futura obra artística do rapaz.

O tema da emigración na literatura galega . Curros Enríquez


Manuel Curros Enríquez Cántiga

No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sen trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
"Xa no mundo non teño ninguén;
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben".

Os meus ecos de malenconía
camiñaban nas alas do vento,
i o lamento
repetía:
"¡Vou morrer e non vén o meu ben!"

Lonxe dela, de pe sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América,
vai o pobre, infelís amador.

I ó mirar as xentís anduriñas
cara á terra que deixa cruzar:
"¡Quen pode dar volta -pensaba-
quen pudera convosco voar!..."


Mais as aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
sólo os ventos
repetían:
"¡Quen pudera convosco voar"!



Breve apuntamento sobre o tema da emigración de Manuel Curros Enríquez: