Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Friday, 21 January 2011

As ONG. greenpeace

GREENPEACE: É unha organización ambientalista non gubernamental. Fundada no año 1971 en vancouver, Canadá, en protesta ante a práctica nuclear estadounidense no arquipélago de Amchitka (Alaska). Greenpeace realiza accións directas non violentas e de investigación para lograr os seus obxectivos. Está establecida en case todo o mundo, con oficinas nacionais e rexionais en máis de 40 países. A organización mundial obteñen os seus ingresos por medio das contribuicións individuais dos seus socios, e conta con 3 millóns de socios en todo o mundo.









Procedencia da informacion: wikipedia - youtube

As ONG. Amnistía Internacional

Amnistía Internacional é un movemento mundial integrado por persoas cuxo fin é contribuír a que se respecten os dereitos humanos, traballando por eses dereitos proclamados na Declaración Universal e noutras normas internacionais. Promovendo a súa observancia e a súa concienciación pública con actividades de acción, así como por medio da educación e da presión para que se ratifiquen e apliquen nos tratados. Está formado por máis dun millón e medio de persoas, de máis de 150 países e territorios, que dedican o seu tempo e o seu esforzo para traballar por un mundo no que todas as persoas gocen de todos os dereitos humanos e para apoiar ás vítimas cuxos dereitos foron violados.

As ONG: Intermón Oxfam.

Intermón naceu o 11 de agosto de 1956 como Secretariado de Misións e Propaganda da Compañía de Xesús, destinado a axudar nas misións a Bolivia, Paraguai e a India. Con carácter relixioso e asistencialista en principio, durante os años 1960 dirixiuse máis por apoiar económica e socialmente. Intermón oxfam foi galardoada como a mellor ONG en axuda humanitaria no ano 2001.
Actualmente e desde hai varias décadas é unha organización totalmente laica e independente traballando activamente para xerar transformacións sociais tanto nos países do Norte como nos do Sur. Actúa nas áreas de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, Acción Humanitaria e xestión de conflitos, Comercio xusto e Incidencia política e mobilización social, con programas e proxectos a través de modelos que garantan a autosustentabilidade e independencia, a equidade, a sustetabilidade e a participación.
A ONG Intermón Oxfam traballa en 48 países de todo o mundo, actuando de forma integral: coopera en programas de desenvolvemento, actúa en situacions de emerxencia, fomenta o comercio xusto e promove campañas de sensibilización e mobilización social. Sempre o fai co obxectivo de xerar cambios duradeiros para que miles de personas poidan valerse por si mesmas.
Procedencia da imaxe: muevetemadridprueba.wordpress.com






MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

Médicos Sen Fronteiras: é unha organización médica humanitaria internacional que presta apoio a vítimas de catástrofes naturais ou conflictos armados e humanos, sen distinción de raza, sexo, relixión, filosofía ou política.Foi premiada co Nobel da Paz en 1999. O Comité Nobel Noruego atribúelle polo seu traballo pioneiro sobre humanitaria localidades.Tambien varias gañou o Premio Príncipe de Asturias en 1991.

As ONG:Manos unidas.


Naceu de mans de mulleres en 1960, cando as Mulleres de Acción Católica fixeron seu o chamamento da FAO e lanzaron en España a campaña contra a fame no mundo, dedicando unha xornada a recoller fondos mediante unha colecta en parroquias e colexios, destinada aos países de África e a India. Esa xornada celébrase dende entón o segundo domingo de Febreiro e alcanzou gran popularidade na sociedade española. Aínda conservando esa orixinaria identidade feminina e católica, toda persoa, muller ou varón, de boa vontade pode colaborar con Mans Unidas.

Está presente en todo o territorio español a través de 71 Delegacións. As artífices da Campaña contra a Fame tomaron no ano 1978 o nome de Mans Unidas, ONGD, que logrou unha ampla penetración social e gran credibilidade. Os seus fondos proceden da citada colecta anual, das cotas dos seus socios e de donativos. Dende a súa fundación os seus traballos centráronse en dúas actividades complementarias: sensibilizar a poboación española para que coñeza e sexa consciente da realidade dos países en vías de desenvolvemento. E apoiar e financiar proxectos en África, América, Asia e Oceanía para colaborar co desenvolvemento dos pobos do Sur.



As ONG.Cruz Vermella Internacional


O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella é unha institución humanitaria, internacional e de carácter voluntario. Fundouna en Suíza no ano 1863 Henri Dunant, dende entón traballa en favor dos colectivos máis vulnerables e necesitados. Defende os dereitos humanos, as minorías étnicas e o medio ambiente. A Cruz Vermella fomenta a cooperación dos países máis ricos cos máis desfavorecidos.
Está formado polo


Monday, 10 January 2011

Control de audiencia nos medios de comunicación


A infomación e o entretemento xeran riqueza e inflúen decisivamente na opinión púbblica. Por esta razón formáronse grandes empresas que editan xornais e revistas, teñen canais de televisión, emisoras de radio, programas de produción propios...
Para acadar estes obxectivos económicos e sociais, algunhas empresas recorren, sobre todo a través da televisión, á produción de progarmas dunha garnde audiencia, pero que carecen de calidade.

Pola contra, outras empresas da comunicación, aínda que teñan eses mesmos obxectivos, fan prevalecer a ética e mais a profesionalidade á hora de establecer a súa programación.