Amnistía Internacional é un movemento mundial integrado por persoas cuxo fin é contribuír a que se respecten os dereitos humanos, traballando por eses dereitos proclamados na Declaración Universal e noutras normas internacionais. Promovendo a súa observancia e a súa concienciación pública con actividades de acción, así como por medio da educación e da presión para que se ratifiquen e apliquen nos tratados. Está formado por máis dun millón e medio de persoas, de máis de 150 países e territorios, que dedican o seu tempo e o seu esforzo para traballar por un mundo no que todas as persoas gocen de todos os dereitos humanos e para apoiar ás vítimas cuxos dereitos foron violados.
Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.
Showing posts with label ONG. Show all posts
Showing posts with label ONG. Show all posts
Friday, 21 January 2011
As ONG: Intermón Oxfam.
Intermón naceu o 11 de agosto de 1956 como Secretariado de Misións e Propaganda da Compañía de Xesús, destinado a axudar nas misións a Bolivia, Paraguai e a India. Con carácter relixioso e asistencialista en principio, durante os años 1960 dirixiuse máis por apoiar económica e socialmente. Intermón oxfam foi galardoada como a mellor ONG en axuda humanitaria no ano 2001.
Actualmente e desde hai varias décadas é unha organización totalmente laica e independente traballando activamente para xerar transformacións sociais tanto nos países do Norte como nos do Sur. Actúa nas áreas de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, Acción Humanitaria e xestión de conflitos, Comercio xusto e Incidencia política e mobilización social, con programas e proxectos a través de modelos que garantan a autosustentabilidade e independencia, a equidade, a sustetabilidade e a participación.
A ONG Intermón Oxfam traballa en 48 países de todo o mundo, actuando de forma integral: coopera en programas de desenvolvemento, actúa en situacions de emerxencia, fomenta o comercio xusto e promove campañas de sensibilización e mobilización social. Sempre o fai co obxectivo de xerar cambios duradeiros para que miles de personas poidan valerse por si mesmas.
Procedencia da imaxe: muevetemadridprueba.wordpress.com

As ONG:Manos unidas.

Naceu de mans de mulleres en 1960, cando as Mulleres de Acción Católica fixeron seu o chamamento da FAO e lanzaron en España a campaña contra a fame no mundo, dedicando unha xornada a recoller fondos mediante unha colecta en parroquias e colexios, destinada aos países de África e a India. Esa xornada celébrase dende entón o segundo domingo de Febreiro e alcanzou gran popularidade na sociedade española. Aínda conservando esa orixinaria identidade feminina e católica, toda persoa, muller ou varón, de boa vontade pode colaborar con Mans Unidas.
Está presente en todo o territorio español a través de 71 Delegacións. As artífices da Campaña contra a Fame tomaron no ano 1978 o nome de Mans Unidas, ONGD, que logrou unha ampla penetración social e gran credibilidade. Os seus fondos proceden da citada colecta anual, das cotas dos seus socios e de donativos. Dende a súa fundación os seus traballos centráronse en dúas actividades complementarias: sensibilizar a poboación española para que coñeza e sexa consciente da realidade dos países en vías de desenvolvemento. E apoiar e financiar proxectos en África, América, Asia e Oceanía para colaborar co desenvolvemento dos pobos do Sur.
As ONG.Cruz Vermella Internacional

O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella é unha institución humanitaria, internacional e de carácter voluntario. Fundouna en Suíza no ano 1863 Henri Dunant, dende entón traballa en favor dos colectivos máis vulnerables e necesitados. Defende os dereitos humanos, as minorías étnicas e o medio ambiente. A Cruz Vermella fomenta a cooperación dos países máis ricos cos máis desfavorecidos.
Está formado polo
- Comité Internacional da Cruz Vermella
- Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella
- e as 187 Sociedades nacionales da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella.

Labels:
globalización,
ONG
Subscribe to:
Posts (Atom)