Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.
Showing posts with label sector primario. Show all posts
Showing posts with label sector primario. Show all posts

Tuesday, 30 November 2010

Técnica de pesca do peixe espada

Procedencia da imaxe: blog.pescaderiascorunesas.es

O peixe espada péscase de variadas modalidades: a cana en pesca deportiva, en modalidade de brumeo e corricán. A brumeo péscase mellor pola noite, os cebos máis utilizados para a pesca na modalidade de brumeo no Mediterráneo son as sardiñas, alachas, vogas, tamén come ben cebado con lura. Son moi características as picadas do peixe espada, bastante doados de identificar por un pescador experto, sempre xoga co cebo antes de comelo, notándose na cana uns tiróns antes da picada definitiva, é bastante normal pescar o macho e a continuación á femia, xa que durante a época posterior á desova continúan migrando en parella durante unhas semanas. É un animal que cando se ve preso polo anzol reacciona de forma violenta, dando tiróns intermitentes con descansos intermedios e saltando fóra da auga para librarse do anzol.

Friday, 26 November 2010

As paisaxes agrarias


O poboamento : O poboamento rural é a parte do espazo rural habitado polas persoas . O poboamento rural pode ser espallado (as vivendas están illadas unhas das outras) e concentrado (as vivendas están agrupadas)

Actualmente, o 39% da poboación mundial vive en espazos rurais, ainda que hai grandes diferenzas entre continentes e países. En Asia, a poboación rural representa o 65 % da poboación total e no N
epal chega ata o 85%. En Europa a poboación rural representa o 35%, e en Belxica só o 3%.

Características da agricultura e da subsistencia.


A agricultura de subsistencia está orientada a producir todo o necesario para a supervivencia e dedícalles máis de dúas terceiras partes do solo e do traballo a productos para o autoconsumo, isto é, para o consumo dos propios agricultores.

As técnicas de cultivo que se utilizan na agricultura de subsitencia son rudimentarias e están baseadas nas que se desenvolveron durante o Neolítico. O campesiño traballa coas súas propias mans e con poucas ferramentas, como a aixada ou o arado con animais. Por iso, os traballadores agrícolas ocupan á maioría da poboación.

A explotación constantes das terras, a pouca eficacia das técnicas de cultivo e a mala calidade das sementes fan que o rendemento sexa moi baixo. Por iso, a poboación é pobre, está mal alimentada e produce poucos excedentes para a súa venda.

Procedencia da imaxe:
campanillaa.wordpress.com