Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.
Showing posts with label renacemento. Show all posts
Showing posts with label renacemento. Show all posts

Thursday, 10 November 2011

A arte renacentista Italiana. Tiziano.

Tiziano: Tiziano, figura principal da escola veneciana do século XVI e configurador da súa tradición colorística e pictórica, cuxo nome completo era Tiziano Vecellio, naceu en Piove dei Cadore, ao norte de Venecia, en 1477, aínda que algúns especialistas datan o seu nacemento dez anos despois, en 1487. En Venecia, foi condiscípulo de Giorgione no taller dos Bellini. Giovanni Bellini deixou unha destacada pegada na súa obra.


Morreu en Venecia en 1576. A súa obra, que afectou de xeito decisivo á evolución da pintura europea, proporcionou unha alternativa i
gualmente poderosa e atractiva que a lineal e plástica tradición florentina seguida por Miguel Ángel e Rafael. Esta alternativa, que sería tomada por Petrus Paulus Rubens, Diego Velázquez, Rembrandt, Eugène Delacroix e os impresionistas, segue viva na actualidade. Por dereito propio,a obra de Tiziano considérase no cume dos logros e éxitos no campo das artes visuais.

Os seus retratos máis coñecidos e onde se encontran: cabaleiro da luva (museo de louvre, paris), e a coleccion que esta no museo do prado (madrid): Federico Gonzaga (cara a 1526), o famoso Autorretrato (entre 1560-1566) do pintor aos 80 anos, cunha técnica case impresionista; Carlos V na batalla de Mühlberg (1548), que é un retrato ecuestre; os dous de Felipe II, un de mozo con armadura (1551).


cabaleiro da luva. Procedencia da imaxe:unaimagencadadia.blogspot.com

A arte renacentista italiana. Leonardo da Vinci


LEONARDO DA VINCI

Leonardo da Vinci, nado en Vinci o 15 de abril de 1452 e finado o 2 de maio de 1519, foi un pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico e escultor do Renacemento italiano. É o autor de máis famoso cuadro do mundo, intitulado Mona Lisa ou A Guioconda. A pegada de Leonardo na historia da arte europea é bastante profunda.Algunhas técnicas desenvolvidas por el, destacadamente o esfummato e o clarescuro, tomáronse unha regra para a pintura dos séculos vindeiros. No ano 2008, foi elexido nunha enquisa elavorada co motivo de celebración do Día de Europa en 50 países europeos e personaxe máis influente da sociedade eurepea actual. Leonardo é ben coñecido pola súa obra pictórica, entre a que destaca A Guioconda e A última cena. Leonardo era un pintor compulsivo que decote esbozaba grandes obras pictóricas para deixalas, ao cabo, sen rematar. Unha das figuras emblemáticas de Leonardo foi O Home de Vitrubio, canon da figura humana.

A imaxe foi obtida de Google imaxes (lairwep.org.nz) e o texto da Wikipedia.

A ARTE RENACENTISTA ITALIANA: MIGUEL ANXO

Michelangelo, nado o 6 de marzo de 1475,en Caprese, no estado da Toscana en Italia. E finado o 18 de febreiro de 1564 en Roma aos 89 anos de idade. Foi un escultor, arquitecto, pintor e poeta do Renacemento italiano. É famoso principalmente pola creación dos frescos do teito da Capela Sistina, un dos traballos máis extraordinarios de toda a arte occidental, e tamén do Xulgamento Final sobre o altar e do "Martirio de San Pedro" e da "Conversación de San Paulo"na Capela Paolina do Vaticano. Entre as súas moitas esculturas, cóntanse a Pietà e o David, tamén elas sublimes obras-primas, ben como a Virxe, o Barco, o Moisés, a Raquel, a Lea e membros da familia Medici. Foi tamén el quen concebiu a cúpula da Basílica de San Pedro en Roma.
O David:é unha escultura de mámol branco de 5,17 m de altura realizada entre 1501 e 1504 por encarga da Opera del Duomo de la Catedral de Santa María del Fiore de Florencia.La escultura representa ao Rei David bíblico no momento previo a enfrontarse con Goliat, e foi acollida como un símbolo da República de Florencia fronte á hexemonía dos seus derrocados dirixentes, os Médici, e a ameaza dos estados adxacentes, especialmente os Estados Pontificios.

prodedencia da información:tipeobailarin.blogspot.com
procedencia da imaxe:Wikipedia

ARTE RENACENTISTA ITALIANA. DONATELLO


Donatello(Donato di Noccolò di Betto Bardi)Florencia, Italia 1386, foi un famoso artista e escultor italiano dos principios do renacemento, xunto con León Battista Alberti, Brunelleschi e Masaccio foi un dos país do renacemento. Destacou na escultura monumental.
O David de marmol, foi a sua 1º obra documentada en 1408.
Entre as súas obras máis importantes encontrase o David de bronce no museo de Bargello, el Púlpito exterior de la catedral de Prato, la estatua Encueste de Gattamelata en Padua, La Maria Magdalena do museo dell opera del dorno en Florencia.

David de Bronce: Foi un encargo de Cosme de Médici realizada por Donatello no 1440 para situarla en los jardines de su palacio. Na actualidade atopase no museo de Bargello.
E unha obra representativa do Quattrocento italiano, foi a 1º escultura en espido e bronce.
Donatello representou un gran coñecemento dos clasicos unido o concepto humanista.

O artista morreu en florencia en 1466 e despuxose o seu enterramento na basilica de san pedro.

a imaxe procede de epdlp.com e a informacion da wikipedia.