Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.
Showing posts with label Miguel Anxo. Show all posts
Showing posts with label Miguel Anxo. Show all posts

Thursday, 10 November 2011

A ARTE RENACENTISTA ITALIANA: MIGUEL ANXO

Michelangelo, nado o 6 de marzo de 1475,en Caprese, no estado da Toscana en Italia. E finado o 18 de febreiro de 1564 en Roma aos 89 anos de idade. Foi un escultor, arquitecto, pintor e poeta do Renacemento italiano. É famoso principalmente pola creación dos frescos do teito da Capela Sistina, un dos traballos máis extraordinarios de toda a arte occidental, e tamén do Xulgamento Final sobre o altar e do "Martirio de San Pedro" e da "Conversación de San Paulo"na Capela Paolina do Vaticano. Entre as súas moitas esculturas, cóntanse a Pietà e o David, tamén elas sublimes obras-primas, ben como a Virxe, o Barco, o Moisés, a Raquel, a Lea e membros da familia Medici. Foi tamén el quen concebiu a cúpula da Basílica de San Pedro en Roma.
O David:é unha escultura de mámol branco de 5,17 m de altura realizada entre 1501 e 1504 por encarga da Opera del Duomo de la Catedral de Santa María del Fiore de Florencia.La escultura representa ao Rei David bíblico no momento previo a enfrontarse con Goliat, e foi acollida como un símbolo da República de Florencia fronte á hexemonía dos seus derrocados dirixentes, os Médici, e a ameaza dos estados adxacentes, especialmente os Estados Pontificios.

prodedencia da información:tipeobailarin.blogspot.com
procedencia da imaxe:Wikipedia