Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.
Showing posts with label lirica medieval. Show all posts
Showing posts with label lirica medieval. Show all posts

Thursday, 6 October 2011

A miña cantiga medieval favorita

A miña cantiga favorita é Aquestas noites tan longas que Deus fez en grave dia de Juiao Bolseiro.
é unha cantiga de amigo alba,que trata dunha muller que non é capaz de durmir pola falta do seu amado por iso me gusta tanto ainda que tamén me gusta a canción de Uxia Senlle da cal vos deixo o enlace máis abaixo.

Aquestas noites tan longas que Deus fez en grave dia
por mi, porque as non dórmio, e por que as non fazia
no tempo que meu amigo
soia falar comigo?

Porque as fez Deus tan grandes, non posso eu dormir, coitada!
e, de como son sobejas, quisera-m' outra vegada
no tempo que meu amigo
soia falar comigo.

Porque as fez Deus tan grandes sen mesura desiguaes
e as eu dormir non posso, porque as non fez ataes
no tempo que meu amigo
soia falar comigo?

Se queredes escoitar esta cantiga nunha canción cantada por Uxia Senlle, deixovos esta ligazón da páxina Son de poetas .

Procedencia da imaxe: editorialgalaxia.es

*A miña cantiga medieval favorita*



Ondas do mar de Vigo

Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus! se verrá cedo?

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus! se verrá cedo?

Se vistes meu amigo, Imaxe estraida de google imaxes.
o por que eu sospiro?
E ai Deus! se verrá cedo?

Se vistes meu amado,
por que hei gran coidado?
E ai Deus! se verrá cedo?

Cantiga de amigo de Martin Codax

Gústame moito esta cantiga porque trata dunha moza namorada que esta moi preocupada pola ausencia do seu amigo(amante,amor) e para facer levadeira a sua preocupación preguntalle o mar sobre onde estará este e como.
Se queredes escoitala podedelo facer aquí: