O Produto interior bruto ou PIB é o valor monetario total da produción corrente de bens e servizos dun país durante un período (normalmente é un trimestre ou un ano). O PIB é unha magnitude de fluxo, pois contabiliza só os bens e servizos producidos durante a etapa de estudo.O PIB é, sen dúbida, a macromagnitude económica máis importante para a estimación da capacidade produtiva dunha economía. Existen outros tipos de macromagnitudes a considerar partindo do PIB: o Produto Nacional Bruto diferénciase do PIB en que só considera a cantidade fluxo de bens e servizos producidos por nacionais dun país, se ben o PIB non ten en consideración o criterio de nacionalidade. (Wikipedia)Procedencia da imaxe: puntoinversiones.com
Parabéns polo primeiro post. Corrixino lingüísticamente moi pouco, xa que o copiaches da Wikipedia, por iso a citei entre parénteses.
ReplyDelete