Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Thursday, 10 November 2011

A arte renancentista italiana.Sandro Botticelli


Sandro Botticelli, nado en Florencia en 1447 e finado na mesma cidade en 1510, foi un pintor renacentista italiano. O seu nome real era Allessandro di Mariano Filipepi, pero chamouse Botticelli debido a que foi aprendiz do pintor e artesán Botticello. Non se coñece demasiado da vida de Botticelli debido á falta de documentación e a que resgardou a súa vida privada.
Sabese que foi acollido polos Medici (unha poderosa e influinte familia florentina) e por outras prominentes familias en 1483 e 1500.Botticcelli non asinou a maior parte dos seus cadros, polo que non podemos saber a súa orde cronolóxica máis que pola vellez da tea en que foran plasmadas as súas obras.

Obras
Botticelli realizou entre 150 e 180 obras.Pinta numerosas obras relixiosas, así como grandes composicións profanas, mitolóxicas. Tamén pintou varios retratos dos seus mecenas, que non contan coa beleza, a mística, a luminosidade y o espíritu das súas outras composicións.As súas obras mais representativas son:
  • Adoración de los Magos, que pintou en 1475 para Santa María Novella.
  • La primavera foi unha obra realizada hacia 1478 para a casa de Lorenzo di Pierfrancesco de Médici.
  • El nacimiento de Venus foi un encargo posterior, doutra persona para un lugar diferente.

No comments:

Post a Comment