Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Thursday, 10 November 2011

A arte renacentista Italiana. Tiziano.

Tiziano: Tiziano, figura principal da escola veneciana do século XVI e configurador da súa tradición colorística e pictórica, cuxo nome completo era Tiziano Vecellio, naceu en Piove dei Cadore, ao norte de Venecia, en 1477, aínda que algúns especialistas datan o seu nacemento dez anos despois, en 1487. En Venecia, foi condiscípulo de Giorgione no taller dos Bellini. Giovanni Bellini deixou unha destacada pegada na súa obra.


Morreu en Venecia en 1576. A súa obra, que afectou de xeito decisivo á evolución da pintura europea, proporcionou unha alternativa i
gualmente poderosa e atractiva que a lineal e plástica tradición florentina seguida por Miguel Ángel e Rafael. Esta alternativa, que sería tomada por Petrus Paulus Rubens, Diego Velázquez, Rembrandt, Eugène Delacroix e os impresionistas, segue viva na actualidade. Por dereito propio,a obra de Tiziano considérase no cume dos logros e éxitos no campo das artes visuais.

Os seus retratos máis coñecidos e onde se encontran: cabaleiro da luva (museo de louvre, paris), e a coleccion que esta no museo do prado (madrid): Federico Gonzaga (cara a 1526), o famoso Autorretrato (entre 1560-1566) do pintor aos 80 anos, cunha técnica case impresionista; Carlos V na batalla de Mühlberg (1548), que é un retrato ecuestre; os dous de Felipe II, un de mozo con armadura (1551).


cabaleiro da luva. Procedencia da imaxe:unaimagencadadia.blogspot.com

No comments:

Post a Comment