Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Monday, 19 September 2011

As miñas vacacións de veran.

Comecei o verán con moitas ganas de divertirme, xa que aprobara todo e recuperara todas as materias que tiña pendentes. Quería saír, andar en bici, divertirme, pasalo ben, en grande.
Fixen de todo: saír de festa, quedar para andar en bici e practicar algunhas cousiñas, saír cos amigos, ir tomar algo, ir ao río, á praia...
Encantoume todo o que fixen, grazas aos meus compañeiros e á moza, coa que quedei sempre que puiden para comer, tomar algo, saír por aí, ir á praia.
Tamén tiven algúns problemíñas coa bicicleta, xa que cando caes, doe.
Moitos días tiven que traballar, axudarlle a meus pais coas patacas, a vendima que, por certo, aínda non a acabamos, cortar leña...
Tiven a sorte de que viñeron familiares que xa non vía fai tempo, e que me apetecía ver, como miña avoa, meus tíos e meus primos.
grazas a eles a casa facíase máis divertida e tiña máis ambiente, e con eles saímos para bañarnos no río ou quedabamos charlando na mesa tardes enteiras e escoitando música no salón.
Agora comeza o instituto, de novo un novo curso, e espero que sexa o último, para poder facer o ciclo de electromecánica que de verdade quero estudar, e poder practicar nun taller feito por min e os meus compañeiros.

1 comment:

  1. Modifiquei a puntuación e agora debes corrixir ti as formas destacadas.

    ReplyDelete