
Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.
Monday, 19 September 2011
As miñas vacacións de verán.
Nas vacacións de verán paseino ben, fun ao río coas miñas compañeriras coas que vou sempre, tamén fun a axudarlle a meus tíos e a meus avós a coller uvas e a visitar a miña bisaboa, a miña prima pequena e a miña tia. Como aprobei todo e recuperei 8 atrasadas meus pais deixaronme saír algunha que outra noite aos sabados coa miña veciña e unha das miñas mellores amigas. Outro día fun as festas de Fozara con meus tios e meu primo. Na última semana das vacacións fun con miña avoa
e con meu primo a Barcelona a boda dunha prima miña. Marchamos o xoves día 8 e chegamos unha hora de retraso e meu tio e dúas das miñas primas estaban alí esperandonos desde xa había horas. Ao día seguinte despertamos as 11:30 almorzamos e marchaos a praia e ali estiven 2 horas na auga co meu primo e cando salimos deitamonos nas toallas e queimamonos pola espalda e no dia da boda ía cun vestido corto e coas pernas vermellas e na última noite fomos a comer a un restaurante turco. Cando chegou o lunes foi a despedida e ao chegar ao aeroporto de vigo alí estaban meus pais.

Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment