
A agricultura de subsistencia está orientada a producir todo o necesario para a supervivencia e dedícalles máis de dúas terceiras partes do solo e do traballo a productos para o autoconsumo, isto é, para o consumo dos propios agricultores.
As técnicas de cultivo que se utilizan na agricultura de subsitencia son rudimentarias e están baseadas nas que se desenvolveron durante o Neolítico. O campesiño traballa coas súas propias mans e con poucas ferramentas, como a aixada ou o arado con animais. Por iso, os traballadores agrícolas ocupan á maioría da poboación.
A explotación constantes das terras, a pouca eficacia das técnicas de cultivo e a mala calidade das sementes fan que o rendemento sexa moi baixo. Por iso, a poboación é pobre, está mal alimentada e produce poucos excedentes para a súa venda.
Procedencia da imaxe: campanillaa.wordpress.com
Non che quedou mal o post. Aínda así, reviseino lingüisticamente e engadín outra etiqueta.
ReplyDeletewapo si asi sempre sakrias matricula d honor,jeje
ReplyDelete