Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.
Showing posts with label arte. Show all posts
Showing posts with label arte. Show all posts

Monday, 28 May 2012

Antoni Gaudí Cornet.A Casa Milà

Antoni Gaudí Cornet, nado en Reus ou en Riudoms (Cataluña) o 25 de xuño de 1852 e finado en Barcelona, o 10 de xuño de 1926, foi un arquitecto catalán. Pódese dicir que foi un dos máis importantes e orixinais arquitectos da historia. O seu estilo, moi complexo de clasificar, pódese definir como unha mestura entre o Art Nouveau (modernismo) e o Neogótico, aínda que elementos cubistas e surrealistas en xeral atópanse nalgunhas das súas obras. Católico confeso, moi reservado e profundamente catalanista, morreu despois de ser atropelado por un tranvía na cidade de Barcelona, lugar onde se atopaba a traballar na súa derradeira obra, o Templo expiatorio da Sagrada Familia.


A CASA MILÁ


A Casa Milà, tamén coñecida como "La Pedrera", é un edificio modernista que se localiza no Paseo de Gracia de Barcelona, na esquina coa rúa de Provenza. Foi deseñada por Antoni Gaudí por encarga do comerciante Pere Milà i Camps, e foi construída entre os anos 1906 e 1910; foi moi polémica no seu momento, por mor das atrevidas formas onduladas da fachada de pedra e os ferros forxados retorcidos que decoran as balconadas e xanelas, deseñados en gran parte por Josep Maria Jujol, quen tamén proxectou algúns dos ceos rasos de xeso. No ano 1984 foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Actualmente é a sede da Fundación Caixa Cataluña, a cal xestiona as diversas exposicións e actividades que se fan no seu interior.


No seguinte video pódedes ver unha representación virtual da Casa Milá:



Friday, 16 March 2012

A pintura no século XIX. Jean Désiré Gustave Courbet

 Jean Désiré Gustave Courbet, nado o 10 de xuño de 1819 e finado o 31 de decembro de 1877, foi un pintor francés.

Courbet foi o principal creador do realismo, realizou as súas primeiras creacións en 1848. Ideoloxicamente republicano e socialista a súa participación na Comuna de París en 1871 levaríao ó cárcere e despois ó exilio. A súa pintura diríxese ó pobo, ó proletariado campesiño e obreiro, que é á vez o seu modelo. A súa pintura ademais do realismo caracterízase polas formas poderosas, a composición compacta, cromatismo austero, efectos sobrios do clarescuro, técnica densa e pastosa. Trasladouse a París en 1839 coa intención de estudar dereito, pero axiña se dedicou á pintura. As súas primeiras obras teñen un carácter romántico, como Guitarrero (1845) ou L’homme à la pipe (O home da pipa, 1846). Escolle temas e personaxes da realidade cotiá, sen caer no "pintoresquismo". A súa técnica é rigorosa co pincel, co pincel plano e coa espátula. Como os mestres antigos, Gustavo Courbet untaba a súa tea dun fondo sombrío e case negro, a partir do cal subía cara á claridade.

 A imaxe foi sacada de: ricci-arte.com  
A información foi sacada de xunta.egu.es e wikipedia.