Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.
Showing posts with label David. Show all posts
Showing posts with label David. Show all posts

Friday, 16 March 2012

A pintura no siglo XIX.Jacques-Louis David


autorretrato de
David

         Jacques-Louis David

Jacques-Louis David foi un pintor francés de bastante influencia no estilo neoclásico. Buscou a inspiración nos modelos escultóricos e mitolóxicos gregos, baseándose na austeridade e severidade, algo que cadraba co clima moral dos últimos anos do antigo réxime.
Máis adiante David chegou a ser un activo participante na Revolución Francesa así coma amigo de Maximilien Robespierre; en realidade foi o líder das artes baixo a República Francesa. Pechado no cárcere trala caída do poder de Robespierre, máis tarde aliñouse co advenimento doutro réxime político, o de Napoleón Bonaparte. Foi nesta época cando desenvolveu o seu Estilo Imperio, notable polo uso de cores cálidas ó estilo Veneciano. Entre os seus numerosos alumnos cabe destacar a Antoine-Jean Gros, Anne-Louis Girodet de Roucy-Triosson e o máis coñecido de todos: Jean Auguste Dominique Ingres. Isto fíxolle ser o pintor máis influente do arte Francés doséculo XIX, especialmente nas pinturas académicas.
  A continuación podedes ver algúns dos seus cadros mais coñecidos:

Coronación de Napoleón
Napoleón
Marat asesinado