Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Monday, 19 September 2011

Expectativas para o novo curso.


A verdade é que teño moitas, supoño que as que ten todo o mundo: aprobar sen estudar e obter un título da ESO, para poder estudar o que che gusta fora da casa e algun día traballar diso, pagándoche por facelo, iso é o mellor, cobrar polo que che gusta. Así que as miñas espectatibas será aprobar todas, hasta a ximnasia, que a teño pendente desde segundo da ESO, e mais a tecnoloxía, que iso a teño moi mal. Outra das miñas espectatibas para o curso é levarme ben con todos os meus compañeiros novos da miña clase, que son sete, pero eles xa levan un ano enteiro xuntos, e eu cheguei nova este ano por culpa de repetir.
Espero que este sea un bo curso e cun final moi bo.


procedencia da imaxe: ar.selecciones.com

Expectativas parao novo curso.


O curso novo de 4º de pdc vaime dar a oportunidade de sacar o graduado para poder optar a un ciclo ou acceder ó bacharelato. O curso de 3º de pdc foime moi ben e non deixei ningunha, que é o que teño pensado para o vindeiro curso de 4º. Este ano, á parte de ter outra clase, teño outra compañeira . Non creo que me quede ningunha, porque son de estudar, non moito tempo, pero todos os días, e de entregar os traballos, deberes...

Outra cousa que poida que faga sea unha excursión as cíes co profesor de bioloxía e xeoloxía, e quedaremos alí a durmir un día para analizar as illas dende dentro.

Procedencia da imaxe: cacimbaodahistoria.blogspot.com

Unhas vacacións movidas.


As miñas vacacións foron as máis divertidas de todas. Funme de vacacións de Galicia a Madrid, e de Madrid a Badajoz, a un povo chamado Alburquerque.
Visitei todo Madrid, como a Porta de sol, A Moncloa, ... Despois de Madrid, fun para a aldea de Badajoz chamado Alburquerque. Alí visitei todos os povos, estiven no castelo, pasei polos barrios máis antigos, ... A muralla é moi antiga, como case toda a aldea, menos as partes novas que fixeron. As partes novas que fixeron están case igual cás antigas, porque o quixéron facer así para non estragar a paisaxe e esas cousas.
O castelo é moi alto e moi bonito, igual cá súa muralla. Pero as vacacións terminan logo e agora xa estamos de volta ó instituto.
A procedencia de imaxe é de: flickr.com

VACACIÓNS DE VERÁN

Este verán paseino xenial, estiven coidando unhas rapazas do meu barrio. E a verdade, non o pasei moi mal, inda que tiña que levantarme moi cedo. Ahora lévome moi ben con elas. Nestas vacacións non fun ningún día á praia, porque non estivo moi bo tempo, pero os días que fixo calor bañábame na piscina que tiña montada na casa. Estiven algúns días con miña avoa facéndolle unhas visitas. Nos meu tempo libres ía dar unha volta cunha amiga do barrio, e outras veces ía xogar ó fútbol cuns rapaces do meu barrio. E ademais todos os domingos xuntábame cos amigos de por alí, e ía á dar unha volta ata o río.
Tamén estés días de setembro tocoume ir axudar a miña nai coa vendima, e tamén axudándolle a coidar os animais, todas as tardes tocábame ir botarlle de comer ós animais. É así pasou o meu verán.

As miñas vacacións de verán.

Nas miñas vacacións de verán paseino moi ben, un día fun a praia e nese mesmo día queimeime. Os vindeiros días, fun o río e o resto que foron moitos salín a dar unha volta cos meus amigos.
Tamen me fun ao pobo uns días a pasalo cos meus avos.
No verán fun co meus avos, miña nai, miña tia e dous dos meus primos a ourense a visitar uns mosterios onde podía ver as artes románicas e góticas, e tamén fixe unha viaxe en catamaran polo río Sil e desde logo saquei fotos.
Como aprobei todas os meus pais deixaronme salir pola noite e ir a durmir a casa dos meus amigos. Todolos dias pola mañana despertabame tarde ata a semana pasada que me fun ao pobo que fun a facela vendimia e tiñame que levantar temprano, e agora que empezou o instituto pois xa me teño que levantar temprano porque empeza xa a rutina jeje.
Pero bueno agora toca estudiar e aprobar todo para poder acabar a eso.

Procedencia da imaxe:hijadezeus.wordpress.com

As miñas vacacións de verán.

Nas vacacións de verán paseino ben, fun ao río coas miñas compañeriras coas que vou sempre, tamén fun a axudarlle a meus tíos e a meus avós a coller uvas e a visitar a miña bisaboa, a miña prima pequena e a miña tia. Como aprobei todo e recuperei 8 atrasadas meus pais deixaronme saír algunha que outra noite aos sabados coa miña veciña e unha das miñas mellores amigas. Outro día fun as festas de Fozara con meus tios e meu primo. Na última semana das vacacións fun con miña avoa e con meu primo a Barcelona a boda dunha prima miña. Marchamos o xoves día 8 e chegamos unha hora de retraso e meu tio e dúas das miñas primas estaban alí esperandonos desde xa había horas. Ao día seguinte despertamos as 11:30 almorzamos e marchaos a praia e ali estiven 2 horas na auga co meu primo e cando salimos deitamonos nas toallas e queimamonos pola espalda e no dia da boda ía cun vestido corto e coas pernas vermellas e na última noite fomos a comer a un restaurante turco. Cando chegou o lunes foi a despedida e ao chegar ao aeroporto de vigo alí estaban meus pais.

As expectativas para este curso que comeza ;)


Curso 2011/2012



Para este novo curso que comeza teño pensado estudar máis, facer novas amizades, portarme ben nas clases e intentar aprobar todo. Non é que o ano pasado non estudase e suspendera todo, de feito só me quedou unha materia para setembro
(a cal non penso dicir, porque non é importante para vós, ou si o é, pero non quero dicila)

Agora que empeza un novo curso (aínda que xa sei que fago mal en pensalo) lembrome do anterior curso, de todas as amizades que fixen, de todos os compañeiros e profesores que marcharon do instituto, das anécdotas que vivín día a día na clase...Pero quero pensar que este curso será mellor có anterior e aínda podo ir máis aló, crendo que este pode ser ó mellor curso que vou vivir :)

Aínda así teño moita morriña deste verán que pasou, porque fixen un montón de amigos novos, tanto do lugar onde vivo (Ponteareas) como doutros sitios (Madrid, Santiago de Compostela, Burgos e Murcia)

No verán non parei de facer cousas, e aínda que só fun un día á praia e outro á piscina, aproveitei o tempo noutras cousas, como estudar un curso de Dj, ir de festa, ir a Madrid cuns amigos e alí facer novas amizades...

Penso que foi o mellor verán que vivín, ainda que o próximo será ainda mellor, diso estou completamente segura :) :) :)


As miñas vacacións de veran.

Comecei o verán con moitas ganas de divertirme, xa que aprobara todo e recuperara todas as materias que tiña pendentes. Quería saír, andar en bici, divertirme, pasalo ben, en grande.
Fixen de todo: saír de festa, quedar para andar en bici e practicar algunhas cousiñas, saír cos amigos, ir tomar algo, ir ao río, á praia...
Encantoume todo o que fixen, grazas aos meus compañeiros e á moza, coa que quedei sempre que puiden para comer, tomar algo, saír por aí, ir á praia.
Tamén tiven algúns problemíñas coa bicicleta, xa que cando caes, doe.
Moitos días tiven que traballar, axudarlle a meus pais coas patacas, a vendima que, por certo, aínda non a acabamos, cortar leña...
Tiven a sorte de que viñeron familiares que xa non vía fai tempo, e que me apetecía ver, como miña avoa, meus tíos e meus primos.
grazas a eles a casa facíase máis divertida e tiña máis ambiente, e con eles saímos para bañarnos no río ou quedabamos charlando na mesa tardes enteiras e escoitando música no salón.
Agora comeza o instituto, de novo un novo curso, e espero que sexa o último, para poder facer o ciclo de electromecánica que de verdade quero estudar, e poder practicar nun taller feito por min e os meus compañeiros.