Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Tuesday, 30 November 2010

Técnica de pesca do peixe espada

Procedencia da imaxe: blog.pescaderiascorunesas.es

O peixe espada péscase de variadas modalidades: a cana en pesca deportiva, en modalidade de brumeo e corricán. A brumeo péscase mellor pola noite, os cebos máis utilizados para a pesca na modalidade de brumeo no Mediterráneo son as sardiñas, alachas, vogas, tamén come ben cebado con lura. Son moi características as picadas do peixe espada, bastante doados de identificar por un pescador experto, sempre xoga co cebo antes de comelo, notándose na cana uns tiróns antes da picada definitiva, é bastante normal pescar o macho e a continuación á femia, xa que durante a época posterior á desova continúan migrando en parella durante unhas semanas. É un animal que cando se ve preso polo anzol reacciona de forma violenta, dando tiróns intermitentes con descansos intermedios e saltando fóra da auga para librarse do anzol.

Riscos da globalizacion.

Os riscos da globalizacion:

A propagación de certas enfermidades e o problema do terrorismo son dous exemplos das ameazas que planean hoxe en día no noso mundo globalizado.

As enfermidades.
A facilidade e mais a rapidez das comunicacións estenden o perigo do contaxio de certas enfermidades que se converteron nun problema mundial, como acontece coa SIDA.
O tratamento desta grave enfermidade é moi diferente segundo o grao de desenvolvemento do país: nas rexións máis ricas do mundo lévanse a cabo políticas preventivas e tense acceso a medicamentos moi custosos; polo contra, a doenza causa grandes estragos nos países máis pobres de África.

O terrorismo

O mundo globalizado está ameazado por grupos humanos violentos, que rexeitan a orde política e social mundial e pretenden derrotala mediante o terrorismo.
Esta violencia é difícil de combater xa que actúa de maneira e en lugares inesperados, empregando poderosas armas destructivas que causan milleiros de vítimas.

Procedencia da imaxe: html.rincondelvago.com

Friday, 26 November 2010

As paisaxes agrarias


O poboamento : O poboamento rural é a parte do espazo rural habitado polas persoas . O poboamento rural pode ser espallado (as vivendas están illadas unhas das outras) e concentrado (as vivendas están agrupadas)

Actualmente, o 39% da poboación mundial vive en espazos rurais, ainda que hai grandes diferenzas entre continentes e países. En Asia, a poboación rural representa o 65 % da poboación total e no N
epal chega ata o 85%. En Europa a poboación rural representa o 35%, e en Belxica só o 3%.

Características da agricultura e da subsistencia.


A agricultura de subsistencia está orientada a producir todo o necesario para a supervivencia e dedícalles máis de dúas terceiras partes do solo e do traballo a productos para o autoconsumo, isto é, para o consumo dos propios agricultores.

As técnicas de cultivo que se utilizan na agricultura de subsitencia son rudimentarias e están baseadas nas que se desenvolveron durante o Neolítico. O campesiño traballa coas súas propias mans e con poucas ferramentas, como a aixada ou o arado con animais. Por iso, os traballadores agrícolas ocupan á maioría da poboación.

A explotación constantes das terras, a pouca eficacia das técnicas de cultivo e a mala calidade das sementes fan que o rendemento sexa moi baixo. Por iso, a poboación é pobre, está mal alimentada e produce poucos excedentes para a súa venda.

Procedencia da imaxe:
campanillaa.wordpress.com

Tuesday, 23 November 2010

A actividade económica. Conceptos básicos

IPC: é un indice no que se cotexan os prezos dun conxunto de produtos (coñecido como "canastra familiar" ou "cesta") determinado sobre a base da enquisa dos gastos familiares, que unha cantidade de consumidores adquire da maneira regular, e a variación con respecto ao prezo de cada un, respecto dunha mostra anterior.


Procedencia da imaxe: extremaduramente.com

A actividade económica. Conceptos básicos

Poder Adquisitivo: é a cantidade de bens e servizos que pode adquirir un individuo co seu salaraio ou que se poden comprar por unidade de conta dunha determinada moeda.
Se o ingreso monetario se mantén igual, pero aumenta o nivel dos prezos, o poder adquisitivo de tal ingreso baixa. A inflación non implica sempre un poder adquisitivo que cae con respecto ao ingreso real dun mesmo, pois o ingreso monetario dun pode aumentar máis rápido que a inflación. (Wikipedia)

Procedencia da imaxe: chilepotenciaalimentaria.cl

A actividade económica . Conceptos básicos.

Renda per capita: A renda per cápita ou PIB per cápita é a relación que hai entre o PIB (Produto Interior Bruto) dun país e a súa cantidade de habitantes. Para conseguilo, hai que dividir o PIB dun país pola poboación deste.
É un indicador comunmente usado para estimar a riqueza económica dun país. Numerosas evidencias mostran que a renda per cápita está positivamente correlacionada coa calidade de vida dos habitantes dun país. (Wikipedia)


Procedencia das imaxes: cotizalia.com

Actividade economica. Conceptos básicos.

O Produto interior bruto ou PIB é o valor monetario total da produción corrente de bens e servizos dun país durante un período (normalmente é un trimestre ou un ano). O PIB é unha magnitude de fluxo, pois contabiliza só os bens e servizos producidos durante a etapa de estudo.O PIB é, sen dúbida, a macromagnitude económica máis importante para a estimación da capacidade produtiva dunha economía. Existen outros tipos de macromagnitudes a considerar partindo do PIB: o Produto Nacional Bruto diferénciase do PIB en que só considera a cantidade fluxo de bens e servizos producidos por nacionais dun país, se ben o PIB non ten en consideración o criterio de nacionalidade. (Wikipedia)

Procedencia da imaxe: puntoinversiones.com

A ACTIVIDADE ECONOMICA.CONCEPTOS BÁSICOS


Inflación : É o aumento sostido e xeneralizado do nivel de prezos de bens e servizos , medido fronte a un poder adquisitivo estable. Defínese tamén como a caída no valor de mercado ou poder adquisitivo dunha moeda nunha economía en particular , o que se diferencia da deprezación , dado que esta última refírese á caída da moeda dun país en relación a outra moeda cotizada nos mercados internacionais , como o dolar , o euro ou o ien.

Actividade económica. Conceptos básicos


A economía informal forma parte da economía somerxida... É a actividade económica non legal por razóns de elusión fiscal ou de control administrativo (por exemplo, é o traballo doméstico non declarado, a venda ambulante espontánea, a infravaloración do prezo escriturado nunha compravenda inmobiliaria).

A economía informal ou irregular forma parte da economía somerxida, xunto coas actividades económicas ilegais (por exemplo, a facturación falsa ou falseada, o tráfico de drogas, o tráfico de armas, a prostitución, o branqueo de capitais).

Saturday, 20 November 2010

COMEZAMOS!

O blog do grupo de PDC de 3º ESO do IES Val do Tea comeza a súa andadura virtual polo mundo enteiro. Preparádevos!

Gif Planeta tierra