Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Friday, 16 March 2012

A pintura no século XIX. John Constable.

John Constable naceu o 11 de xuño de 1776 e morreu o 31 de marzo de 1837 foi un pintor inglés de paisaxes. A rexión de Suffolk foi o tema preferido das súas paisaxes, ata o punto de que a área do Val de Dedham, en Suffolk, se coñece como «o país de Constable».
Ingresou nas Royal Academy Schools en 1799, onde expuxo por primeira vez en 1802. Especializado na pintura de paisaxes, traballaba ó aire libre, tomaba apuntamentos ó óleo e despois pintaba no estudo o lenzo definitivo. A súa técnica influíu nos membros da escola de Barbizon e os impresionistas considerárono como o seu precursor. Cultivou tamén, en menor medida, a pintura relixiosa, o retrato e a acuarela. A súa obra máis famosa foi El carro de heno.
Era o segundo fillo varón de Golding e Ann Constable. Golding era un rico muiñeiro e un membro moi relevante na súa comunidade. John asistiu a algunhas clases, aínda que basicamente foi autodidacto.
Centrouse en seguir os pasos do pai, e ao rematar no colexio comezou a traballar no negocio familiar, do que se faría cargo finalmente o irmán pequeno.
En 1795, John Constable chegou a Londres para traballar como debuxante topográfico.
Entre os autores que máis o inspiraron durante este primeiro período, están: Thomas Gainsborough, Joshua Reynolds, Claudio de Lorena, Peter Paul Rubens, Annibale Carracci e Jacob Ruysdael. En 1802, expón por primeira vez na Real Academia. A partir de entón expoñería con regularidade, progresando con certa lentitude.
A partir de 1825, prodúcese un punto de inflexión na súa obra e paulatinamente vaise vendo nela un naturalismo máis sombrío e melancólico, de morriña, onde as paisaxes se cargan máis de sentimento. O naturalismo dos seus primeiros anos dá paso a un expresionismo e subxectividade maiores. Isto verase aínda máis acusado tras a morte se a súa muller, María, en 1828.Su técnica resulta renovadora: pequenas manchas e trazos superpostos. Aplica unha pasta espesa, ás veces con espátula, o que o afasta da limpeza e luminosidade doutros artistas británicos da época, cultivadores da acuarela, técnica máis de moda.

A súa obra máis famosa:
El carro de heno.
A infomación extraína de: Xunta.egu.es e wikipedia.
A imaxe extraína de: haciendoelarte.blogspot.com

Pintura no século XIX: Joseph Mallord William Turner

El temerario remolcado a dique seco, (1839).
Vida e carreira:
 O seu pai, William Turner, foi un fabricante de perrucas que logo se converteu en barbeiro. A súa nai, Mary Marshall, un ama de casa, foi perdendo a súa estabilidade mental paulatinamente sendo mozo, quizais debido á morte da irmá pequena de Turner, en 1786. Ela morreu en 1804, recluída nun psiquiátrico.
Lluvia, vapor y velocidad,
Posiblemente esta situación conduciu a que o mozo Turner fose enviado en 1785 co seu tío materno a Brentford, un pequeno pobo ao oeste de Londres, preto do río Támese. Alí Turner mostrou por vez primeira o seu interese pola pintura. Un ano despois asistiu á escola en Margate, en Kent, ao leste de Londres, na área do esteiro do Támese. Por entón xa realizara varias obras, que foron exhibidas no expositor do comercio do seu pai.                       
Turner entrou na Royal Academy of Art con tan só 14 anos. Foi aceptado aos 15, pois, a diferenza dos seus contemporáneos, estaba interesado en formar parte desta. Ao principio, mostrou un entusiasta interese pola arquitectura, pero a súa actividade pictórica foi estimulada polo arquitecto Thomas Hardwick (júnior). Sir Joshua Reynolds, presidente da Real Academia naquel tempo, admitiu a Turner abocándo o definitivamente ao mundo da arte. En 1790, tras só un ano de estudo, unha acuarela súa foi aceptada para a exposición estival da Real Academia daquel año.Su primeiro óleo, Fishermen at Sexa, foi exhibido en 1796. Durante o resto da súa vida, expuxo regularmente na Academia.

Joseph Mallord William Turner (Covent Garden, Londres, 23 de abril de 17751 - Chelsea, Londres, 19 de decembro de 1851), pintor inglés especializado en paisaxes. Foi considerado unha figura controvertida no seu tempo, pero hoxe en día é visto como o artista que elevou a arte de paisaxes á altura da pintura de historia. Aínda que é renomeado polas súas pinturas ao óleo, Turner tamén é un dos grandes mestres da pintura paisaxista británica en acuarela. É considerado comunmente como "o pintor da luz" e o seu traballo é considerado como un prefacio romántico ao impresionismo.
O talento de Turner foi recoñecido moi pronto, converténdolle nun académico os 23 anos. Tal independencia económica permitiulle innovar de xeito sorprendente para moitos. De acordo coa Historia ilustrada da Arte, de David Piper, as súas últimas pinturas foron denominadas fantastic crebacabezas (crebacabezas fantásticos).No obstante, Turner é recoñecido como un xenio: o crítico inglés, John Ruskin, describiu a Turner como o artista «que máis conmovedoramente e acertadamente pode medir o temperamento da natureza».

 imformación sacada de: Wikipedia
imaxes sacadas de: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Turner,_J._M._W._-_The_Fighting_T%C3%A9m%C3%A9raire_tugged_to_her_last_Berth_to_be_broken.jpg 

Pinturas do Seculo XIX: Friedrich

                                                  Biografía
Caspar David Friedrich (Greifswald, 5 de setembro de 1774 - Dresde, 7 de maio de 1840) foi o principal representante da pintura romántica alemá, xunto a Philipp Otto Runge, sendo a máis destacada no ámbito do paisaxismo.
Como é característico da pintura romántica, Friedrich pintou sobre todo óleos sobre lenzo. Nalgunha ocasión utilizou o formato do retablo e empregou o ouro, ao xeito dos artistas medievais.
                                               Obras 
Friedrich tamén fixo bosquexos de monumentos e esculturas para mausoleos, reflexo da súa obsesión coa morte e a vida despois desta.
Pintou tamén cadros transparentes, isto é, cadros sobre papel transparente que se iluminaban nun salón escuro con acompañamento de música, reputándo se así unha obra de arte global. Os catro que realizou entre 1830 e 1835 para o príncipe herdeiro Alejandro de Rusia perdéronse; pero na Gemäldegalerie de Kassel consérvanse dous cadros pintados en papel transparente por ambas as dúas caras, de maneira que segundo como se iluminasen un é unha escena diúrna e outra nocturna. Considérase que forman parte da prehistoria de espectáculos modernos como o cine.

 
 Fotos é informacion sacados da wikipedia.
Atoparas mais informacion aqui

Pintura no seculo XIX : Édouard Manet



 
Édouard Manet (23 de xaneiro de 1832-30 de abril de 1883) foi un pintor francés, recoñecido pola influencia que exerceu sobre os iniciadores do impresionismo.Estudiou no taller de Thomas Couture e aprendeu dos pintores clásicos temática, composición e técnica. A súa obra La déjeuner sur l’herbe (1863), con influencias de Giorgione e Rafael, escandalizou o público polo tema e a composición, que tentaba producir un efecto de plein air. Revolucionou o mundo da pintura con Olympia (1865), inspirada nas Venus de Giorgione e Tiziano. Inspirouse en Velázquez, de quen tomou a liña do horizonte alta e a ausencia dun verdadeiro fondo (Le torero mort, La femme au perroquet, 1865), en Murillo (Le fifre, 1866) e en Goya (L’execution de Maximilien, 1867; Le balcon, 1869). Desde 1873 a súa paleta aclarouse e adquiriu características impresionistas, así como a práctica do plein air. Desde 1880 sufriu ataxia. En 1882 pintou ó pastel Retrat d’Irma Breunner e ó óleo Le bar des Folies-Bergère. Aínda que sempre foi considerado un pintor clásico, os impresionistas tomárono como o seu líder.

Procedencia das imaxes: 
http://www.londonfoodfilmfiesta.co.uk / www.wikipedia.com

Fonte da información: www.wikipedia.com / www.egu.es

A pintura no século xix.Gericault

Gericault, Théodore: naceu en Francia o 26 de Septembro de 1791 e morreu en Paris o 26 de enero de 1824.
Artista rómantico, tuvo unha vida corta e atormentada que deu lugar a varios mitos sobre el.
Estudou nos talleres dos pintores Carle Vernet e Pierre Guérin antes de inscribirse na escola de Belas artes de Paris.A súa primeira obra, Oficial de cazadores a la carga, en 1812.

Tuesday, 28 February 2012

Francisco de Goya.La maja vestida

cadro de La maja vestida
Este cadro gustame moito porque representa a beleza natural dunha muller ( neste caso,tratase dunha muller da clase alta ou da nobreza dada pola roupa coa que aparece vestida na imaxe).

Monday, 13 February 2012

Francisco de Goya. O meu cadro favorito

Muchachos cogiendo fruta é o cadro que mais me gusta de Francisco de Goya y Lucientes. Porque é un cadro que representa o ben que o pasaban os rapaces aínda que estan traballando e son rapaces de unha clase social baixa.

Pertence a época