Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Saturday, 23 June 2012

COUSAS NOSAS: FESTIVAL DE FIN DE CURSO

COUSAS NOSAS: FESTIVAL DE FIN DE CURSO: Reporteiros e reporteiras do Equipo G recolleron un mangado de opinións antes e despois do Festival de música, que tivo lugar no salón de ac...

Friday, 8 June 2012

Antoni Gaudí. A Sagrada Familia

Antoni Gaudí Cornet nado en Reus ou en Riudoms (Cataluña) o 25 de xuño de 1852 e finado en Barcelona, o 10 de xuño de 1926, foi un arquitecto catalán. Pódese dicir que foi un dos máis importantes e orixinais arquitectos da historia. O seu estilo, moi complexo de clasificar, pódese definir como unha mestura entre o Art Nouveau (modernismo) e o Neogótico, aínda que elementos cubistas e surrealistas en xeral atópanse nalgunhas das súas obras. Católico confeso, moi reservado e profundamente catalanista, morreu despois de ser atropelado por un tranvía na cidade de Barcelona, lugar onde se atopaba a traballar na súa derradeira obra, o Templo expiatorio da Sagrada Familia.

A Sagrada Familia:
O Templo Expiatorio da Sagrada Familia (en catalán Tempero Expiatori de la Sagrada Família), coñecido simplemente como a Sagrada Familia (Sagrada Família), é unha gran basílica católica de Barcelona (España), deseñada polo arquitecto catalán Antoni Gaudí. Iniciada en 1882, aínda está en construción (maio de 2012). É a obra mestra de Gaudí, e o máximo expoñente da arquitectura modernista catalá. Segundo datos de 2011, é o terceiro monumento máis visitado de España (con 2,3 millóns de visitantes), tras a Alhambra de Granada (3 millóns) e o Museo do Prado (2,9). 1
A construción comezou en estilo neogótico, pero, ao asumir o proxecto Gaudí en 1883, foi completamente reformulado. Segundo o seu proceder habitual, a partir de bosquexos xerais do edificio improvisou a construción a medida que avanzaba. Fíxose cargo con só 31 anos, dedicándolle o resto da súa vida, os últimos quince en exclusiva.
Unha das súas ideas máis innovadoras foi o deseño das elevadas torres cónicas circulares que sobresaen apuntadas sobre os portais, estreitando coa altura. Proxectounas cunha torsión parabólica dando unha tendencia ascendente a toda a fachada, favorecida por multitude de ventás que perforan a torre seguindo formas espirales.2
O templo, cando estea rematado, dispoñerá de 18 torres: catro en cada unha das tres entradas-portais e, a xeito de cúpulas, dispoñerase un sistema de seis torres, coa torre ciborio central, dedicada a Xesús, de 170 metros de altura, outras catro arredor desta, dedicadas aos evanxelistas, e un segundo ciborio dedicado á Virxe. O interior estará formado por innovadoras columnas arborescentes inclinadas e bóvedas baseadas en hiperboloides e paraboloides buscando a forma óptima da catenaria.
En 1926 morreu Gaudí; só se construíra unha torre. Do proxecto do edificio só se conservaban planos e un modelo en xeso que resultou moi danado durante a Guerra Civil española.3 Desde entón proseguiron as obras:
actualmente están rematados os portais do Nacemento e da Paixón, e iniciouse o da Gloria, e están en execución as bóvedas interiores. A obra que realizou Gaudí, é dicir, a fachada do Nacemento e a cripta, foi incluída pola Unesco no ano 2005 no Sitio do Patrimonio mundial «Obras de Antoni Gaudí». É ademais, dende 2007, un dos 12 Tesouros de España.4

O Templo foi consagrado e declarado Basílica menor o 7 de novembro de 2010 polo papa Benedicto XVI.5.

Thursday, 7 June 2012

Traballo colaborativo. Wikis

                                         Ferramentas colaborativas 
Normalmente, a idea que se ten de internet é a de ser unha gran fonte de informacion na que se pode encontrar todo tipo de documentos. As xa coñecidas ferramentas, como o correo electronico, os chats t os grupos de notocoas permiten intercambiar arquivos e opinións, aínda que o uso que se veu facendo de elllas dende a popularizacion de internet estivo anfocado mais cara ao ámbito lúdico que cara a ao laboral.

Sim enbargo, as novas ferramentas que xurdiron na rede estan enfocadas á realizacion dun traballo concreto e, especialmente, un traballo quer implica a participacion e colaboracion de multiples persoas.
Entre as novas ferramentas, que permiten o traballo colaborador encóntranse os wikis, os blogs, os BSCW e os RSS.

                                   Wikis 
Os wikis costituyen unha das formas de colaboracion mais novidosas que ofrece internet. Un wiki é un sitio web que se constitúe a partir do traballo de moitos autores. Basicamente consiste nunha coleccion de paxinas web, que poden ser visitadas ou editar calquera persoa, sen pasar por ningun tipo de revision ou censura previa.
O primeiro WikiWeb foi creado por Ward Cunningham en 1995, quen deu nome ao concepto wiki e creo o primeiro servidor wiki. Máis tarde, en 2001, se inicio o proxecto Wikipedia, consistente na creación dunha enciclopedia virtual, que, hoxe en dia, é o wiki mais grande que existe en version inglesa e que se encontra en mais de 90 idiomas.

Un dos principais problemas dos wikis é o vandalismo, que consiste en introducir erros, incluír contidos inapropiados ou ofensivos, agregar publicidade, facer proselitismo, incluír material que viola os dereitos do autor, ou incumprir as normas de wiki.
Para soilucionar os problemas de vandalismo, pódense tomar algunhas medidas como son:bloquear temporalmente o vándalo a traves do seu nome de usuario ou o seu direccion IP, bloquear paxínaa na que se estan producindo os feitos e en caso de extrema gravidade, bloquear toda a base de datos.

                                     Como crear un wiki
Existen varios servidores que ofrecen a posibilidade de crear un wiki de forma gratuíta, auque moitos  estan en ingua inglesa.
En todos eles, a forma de proceder é similar e en todo caso está perfectamente indicada. Aquí, crearemos un wiki a traves de wikispace..com, para iso teremos que: