Ollo! Pode que a información do blog sexa parcial ou incorrecta, por estar pendente de revisión.

Wednesday, 13 April 2011

Poder xudicial

Poder xudicial

No nivel inferior do sistema xudicial sitúanse os xulgados de paz, que radican naqueles concellos que non sexan cabeceira de partido xudicial e ocúpanse dos asuntos de orde civil por importe inferior a 90 euros e nos casos penais por faltas que lles atribúa a lei. Sobre eles están os xulgados de primeira instancia e instrución, nas cabeceiras dos partidos xudiciais. Nun nivel superior sitúanse as audiencias provinciais, con salas do contencioso-administrativo, do penal, do social, de vixilancia penitenciaria e de menores. As súas sentencias pódense recorrer no Tribunal Superior de Xustiza da comunidade autónoma. Existen, ademais, un conxunto de tribunais de ámbito nacional con sede en Madrid, como a Audiencia Nacional, que se ocupa, entre outros, dos casos nos que están implicados aforados, delitos de terrorismo e tráfico internacional de estupefacientes; e o Tribunal Constitucional, que ten competencia sobre os recursos de inconstitucionalidade contra as disposicións lexislativas, nos casos de violación de dereitos e liberdades e nos conflitos entre o Estado e as comunidades autónomas. O Consello Xeral d
o Poder Xudicial (CGPJ), elixido polas Cortes Xerais, ocúpase de resolver os asuntos do goberno dos maxistrados. A última instancia en todas as ordes correspóndelle ó Tribunal Supremo. O ministerio de Xustiza e as consellerías das respectivas comunidades autónomas xestionan os recursos que fan posible a administración de xustiza.


Funcións da coroa en España.

A monarquía parlamentaria é unha de fórmaas de goberno existente nas democracias occidentais actuais, na que o rei exerce a función de Xefe do Estado baixo o control do poder Lexislativo (Parlamento) e do poder Executivo (Goberno), é dicir, o rei reina pero non goberna.As normas e decisións emanadas do Parlamento regulan non só o funcionamento do Estado senón tamén a actuación e funcións do propio rei.É moi usual, mesmo na bibliografía das ciencias políticas, identificala con outro tipo de monarquía, a monarquía constitucional, aínda que esta ten unha característica ben distinta, e é que permite reservar unha maior capacidade e funcións ao rei, que retén gran parte do poder, por exemplo, controlando o poder executivo.